Alfonso Vázquez Monjardín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1901 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 7 de setembro de 1960 ![]() O Carballiño, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Alfonso Vázquez Monjardín, nado na Coruña o 24 de xullo de 1901 e finado no Carballiño o 7 de setembro de 1960, foi un procurador e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2c/010xuntanza_if_monforte_269.jpg/300px-010xuntanza_if_monforte_269.jpg)
Fillo de Luis Vázquez Quirós e Josefa Monjardín Blanco. Traballou en Ourense como procurador e nunha axencia de viaxes e xestoría. Foi o primeiro presidente do Colexio de Xestores de Galicia. No ano 1926 participou na peregrinación a Santiago de Compostela que Xavier Pardo narrou en No camiño de San-Yago. Foi un dos fundadores do Partido Galeguista. Participou nos parladoiros do Hotel Roma con Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xocas, Leuter, Blanco Amor e outros. Finou en Ourense o 7 de setembro de 1960.[1]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou no Carballiño con Emilia Blanco R. Maneiro en 1932,[2] e foi pai de Xosé Lino (pai este de Afonso Vázquez-Monxardín), María Emilia, Carmelo, Kika e Alfonso Vázquez-Monjardín Blanco.