Antón Grande
Aparencia
(Redirección desde «Antón Grande Penela»)
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1953 ![]() Lugo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Xénero artístico | narrativa |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Antón Grande Penela, nado en Lugo o 8 de xullo de 1953, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xornalista leva traballando desde 1979, desempeñando os cargos de xefe de informativos de Radio Lugo-Cadena SER, redactor de El Progreso, onde foi logo responsable das seccións de monográficos e de cultura. Na actualidade[cando?] é redactor xefe de Localia-Telelugo.
Ademais de en libros, ten publicada obra narrativa en revistas como Coordenadas, Atlántico Express, Luzes de Galiza, Cuadernos del Norte ou Grial. Actualmente[cando?] escribe en La Voz de Galicia artigos de opinión.
Obras[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Pucharcas 1987, Asociación Cultural Atlántico Express.
- Tabernarios, 1992, Deputación de Lugo.
- Madia leva!, 2007, Alvarellos.
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8e/Dar%C3%ADo_Xoh%C3%A1n_Cabana.jpg/220px-Dar%C3%ADo_Xoh%C3%A1n_Cabana.jpg)
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
- Escrita Contemporánea, homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Galicia de Xornalismo no 1989, por unha serie de artigos de investigación, publicados en El Progreso, sobre a loita e a vida dos maquis en Galicia.
- Gañador do primeiro premio de narrativa Álvaro Paradela de Ferrol, co conto titulado O reloxo.
- Premios de narrativa e poesía en Meigas e Trasgos de Sarria.
- Segundo premio Pedrón de Ouro de guións radiofónicos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Antón Grande na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.