Conversa ficheiro:Bandera de Pontevedra.svg
Esta páxina orfa contén unha conversa vella ou contidos anteriores con valor enciclopédico e mantense para a súa consulta. Por favor, non borres esta páxina. |
As razóns para considerar incorrecta esta imaxe son as mesmas cás expostas na páxina de conversa da súa irmá Ficheiro:Flag Pontevedra.JPG. Pedro --Lameiro (conversa) 11:41, 17 agosto 2009 (UTC)
Bandeira de Pontevedra, datos[editar a fonte]
Polo que se pode comprobar, esta bandeira atópase nunha sección da Galipedia que a categoriza símbolo de Galicia pendente de confirmación: Na descripción oficial da Deputación de Pontevedra pódese ler a descripción da bandeira de Pontevedra, na que cita que non se coñece expediente de aprobación. Ainda así, pódese comprobar nos edificios públicos municipais dita bandeira de Pontevedra, que é igual a descripción ofrecida pola Deputación, pero co escudo do concello no centro, tal e como amosa este ficheiro. (esta explicación prorcionouna usuario:Pontevedra78 o 17 agosto 2009, ás 01:07, pero esqueceu asinar.)
- Non podemos ofrecer como verdade máis que o que está lexislado. Habería unha solución sempre que a bandeira e o escudo fosen os aprobados, o arquivo debería chamarse "Bandeira de Pontevedra co escudo de Pontevedra no centro", pero nunca se pode chamar o que non é, porque esta é -e pretende ser- unha enciclopedia seria
- Evidentemente nunca podería empregarse esta imaxe coa lenda "Bandeira de Pontevedra", tería que empregarse coa lenda "Bandeira de Pontevedra co escudo no centro"-- Lmbuga / Conversa comigo 23:59, 17 agosto 2009 (UTC)
- Se o escudo ten leves variacións co aprobado, non é o escudo lexislado e, polo tanto, non é o escudo de Pontevedra (os símbolos son cousa seria, por iso se lexislan)-- Lmbuga / Conversa comigo 00:07, 18 agosto 2009 (UTC)