Conversa ficheiro:La-última-lección-del-maest.jpg
Esta páxina orfa contén unha conversa vella ou contidos anteriores con valor enciclopédico e mantense para a súa consulta. Por favor, non borres esta páxina. |
¿Dende cando os selos de correos son propiedade dos autores? O selo está emitido pola II República Española en 1939 (Está catalogado como NE 54) --Nemigo 20:55, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Un selo non é unha obra. Un selo é un derivado dunha obra e é propiedade de quen o emite, neste caso sería a República Española. Lembrar tamén o caso do Guernica de Picasso (que si é unha obra) e foi mercado no seu día pola República Española que pagou o cadro. Tampouco se entende porque está o cadro de Picasso na wikipedia en inglés Guernica de Picasso e reproduccións do mesmo cadro na wiki galega --Nemigo 21:11, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Se alguén considera que se infrinxe algún dereito de autor antes de borrar o arquivo que avise. Prefiro quitalo eu mesmo antes que entrar en polémicas. Subo o arquivo como unha información que considero interesante. Non é moi coñecida esta aportación de Castelao á República Española. Emitiuse iste selo (NE 54 e dous máis, un de 10 céntimos NE 47 e outro de 70 céntimos NE 52) aquí pódese ver a colección completa http://www.ebay.es/itm/280878697278?ssPageName=STRK:MEWAX:IT&_trksid=p3984.m1423.l2648 --Nemigo 11:41, 18 de xullo de 2012 (UTC)
- Varias cousas:
- Non te estraña que na Galipedia non teñamos reproducións do Guernica orixinal ou a obra completa de Castelao? Todo iso ten unha explicación:
- Os selos de correos son obras protexidas pola lexislación relativa aos dereitos da propiedade intelectual, segundo a de cada país.
- Non se debe confundir a propiedade física dunha obra de arte coa propiedade intelectual, que segundo as leis nacionais e internacionais sempre corresponde ao seu autor (ou herdeiros).
- Da wiki inglesa non te fíes. Tal como indica, está publicando unha obra con copyright. Eles ampáranse nunha lexislación local que permite o fair use.
- Reproducións do Guernica non pode haber, máis ben son reproducións de grafites ou outras obras expostas na rúa. Amparándose na liberdade de panorama:
- Non te estraña que na Galipedia non teñamos reproducións do Guernica orixinal ou a obra completa de Castelao? Todo iso ten unha explicación:
|
- Segundo a lexislación en vigor a obra de Castelao pasará ao dominio público 80 anos despois do seu pasamento:
|
- So os administradores poden borrar artigos ou ficheiros.
- Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 14:13, 18 de xullo de 2012 (UTC)
- Estas a mezclar moitas cousas e a confundilas todas. Un selo non é unha obra que teña propiedade intelectual. Eso non ten senso. Non pode pasar a dominio público porque xa o é. No mesmo momento que é emitido o selo. Ten que ser así. O autor do selo (o concepto) xa cede os seus dereitos cando se emite o selo. O Guernica debera ser propiedade de Picasso (autor da obra) pero non é tal xa que o cadro mercouno e pagouno a República Española. Cando a cadro estaba en New York o goberno democrático da España amosou o papel de merca e pago do cadro, era seu e así marcharon con el. Existen precedentes máis que demostrados de autores que venderon a súa obra (cadros por exemplo) e non teñen dereito algún sobre ela. No caso concreto de Castelao a súa obra é del, os escritos. Máis non a edición dos mesmos, que é de quen fixo a publicación. Así o pon en calquera libro. O que pasa a dominio público é a creación do autor, o texto. A edición é da editorial. O mesmo cos selos, os dereitos tenos sempre o estado (pra evitar que alguén emita máis por exemplo.) Os herdeiros de Castelao non poden reclamar nada por ise selo, sería absurdo que poidesen. ¿Mañá poderían poñerse a emitir máis selos iguais? Non poden, o selo é da República Española que foi quen o emitiu. Saúdos --Nemigo 14:52, 18 de xullo de 2012 (UTC)
Oes: veño de atopar isto na wikipedia en galego -> http://gl.chped.com/wiki/Selo_de_correo Hai un selo da república española... ¿por que o selo de castelao ten dereitos de autor e iste non? ¿E todos istes selos? http://gl.chped.com/wiki/Galería_de_imaxes_de_selos --Nemigo 15:00, 18 de xullo de 2012 (UTC)
- Haberá que revisar caso por caso. Grazas polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 15:04, 18 de xullo de 2012 (UTC)