Rodrigo Díaz de Vivar
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (la) Ruderico Didaz ![]() 1041 ↔ 1057 ![]() Vivar del Cid (Reino de Castela) ![]() |
Morte | maio de 1099 ↔ 10 de xullo de 1099 ![]() Valência (Lordship of Valencia) ![]() |
Lugar de sepultura | Tomb of El Cid (en) ![]() ![]() |
Señor Lordship of Valencia (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Outros nomes | El Campeador El Cid El Cid Campeador ![]() |
País de nacionalidade | Reino de Castela ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Política e militar (pt) ![]() ![]() |
Lugar de traballo | Castela Reino de Castela ![]() |
Ocupación | cabaleiro , político , militar , Mercenario , líder militar ![]() |
Influencias | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Reino de Castela e Taifa de Saragoça (pt) ![]() ![]() |
Rango militar | cabaleiro ![]() |
Conflito | Reconquista, Battle of Alcocer (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Outro![]() | |
Título | Señor ![]() |
Cónxuxe | Jimena Díaz (1074–1099) |
Fillos | Cristina Rodríguez, Diego Rodríguez, María Rodríguez ![]() |
Pais | Diego Flaínez ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Rodrigo Díaz de Vivar, coñecido nas crónicas latinas como Campidoctor e na literatura castelá como Cid Campeador,[1] Mio Cid ou El Cid (do árabe andalusí Sayyid, señor), nado contra o 1043 e finado en 1099, foi un militar castelán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Crese que naceu en Vivar, localidade situada preto da cidade de Burgos no seo da nobreza e educouse na corte real castelá; foi alférez de Sancho II de Castela na guerra contra o seu irmán García de Galicia, e converteuse nun importante xeneral que loitou contra os musulmáns.
Entre os anos 1081 e 1087 El Cid, desterrado por Afonso VI de Castela, serviu como mercenario do emir Mutamin de Zaragoza, mentres que de 1089 a 1092 fixo prisioneiro a Ramón Berenguer II, conde de Barcelona, cercando a cidade de Valencia, a cal gobernou dende 1094 ata a data da súa morte en 1099.
Literatura[editar | editar a fonte]
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8a/Page_of_Lay_of_the_Cid.jpg/220px-Page_of_Lay_of_the_Cid.jpg)
Historia Roderici (c. 1110, en latín) é a primeira crónica que se conserva sobre Rodrigo Díaz de Vivar. As crónicas árabes de Ibn Alcama (1116) e Ibn Bassam (1109) tamén recollen informacións sobre El Cid, pero nun ton claramente contrario á súa persoa. Na Chronica Adefonsi Imperatoris, da década de 1150, tamén é mencionado.
O Poema de Mio Cid ou Cantar de Mio Cid (1201-1207) incorpora moitos feitos históricos, o manuscrito que se conserva data do século XIV. O poema anónimo Mocedades de Rodrigo é do século XIV e consérvanse máis de 200 romances anónimos sobre a súa figura que datan do século XV e XVI.
En 1618 Guillén de Castro escribiu Las mocedades del Cid, na que se baseou Pierre Corneille para escribir Le Cid en 1636. De 1657 é El honrador de su padre de Juan Bautista Diamante.
Co romanticismo produciuse un interese pola súa figura, traduciuse o Poema de Mio Cid ou diversos romances sobre a súa figura ao inglés, ao alemán e ao francés. Máis tarde José Zorrilla escribiu a súa Leyenda del Cid (1882) e Eduardo Marquina o drama Las hijas del Cid (1908)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cid Campeador". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 513.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rodrigo Díaz de Vivar |