Festival Internacional do Mundo Celta
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Festival Internacional do Mundo Celta | |
---|---|
Localización | Ortigueira, Galicia |
Anos | 1978–1987, 1995–presente |
Nº edicións | 32 |
Fundadores | Escola de Gaitas de Ortigueira |
Data | Catro días, en xullo |
Xénero | Folk |
Organizador | Concello de Ortigueira |
Web oficial | www.festivaldeortigueira.com |
Na rede |
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é un festival de música folk tradicional das nacións celtas que en 2018 cumpriu 40 anos[1]. Celébrase cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila costeira de Ortigueira, situada no norte da provincia da Coruña. O evento está declarado festa de interese turístico internacional.
O escenario principal sitúase no porto, con actuacións de grupos de música celta de gran nivel e fama internacional, coma Alan Stivell ou The Chieftains, entre moitos outros. Así mesmo, ata a edición do ano 2010 nos arredores do porto situábase un escenario menor no que se daban cita grupos noveis, chamado Proxecto Runas, na actualidade o proxecto de novos grupos ten lugar no escenario principal na noite do xoves. Na praia de Morouzos e no piñeiral habilítase o espazo para que acampe a xente que acode ao festival.
É o maior festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica (con miles de asistentes en cada edición).
En 2022 foron Premio Martín Códax da Música.
Grupos participantes no Festival[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Lista de grupos que participaron no Festival de Ortigueira.
Entre os grupos que participaron nas distintas edicións do festival destacan grupos galegos como Milladoiro, Luar na Lubre ou Berrogüetto, ademais de grupos internacionais como The Chieftains ou Ialma.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
-
O ambiente festivo das rúas de Ortigueira
-
Zona de acampada no piñeiral da praia de Ortigueira
-
Zancudos na vila os días do festival
-
Imaxe da vila durante o festival
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ P., E. (30 de maio de 2018). "Milladoiro, nos 40 anos do Festival de Ortigueira". Galicia Confidencial. Consultado o 31 de maio de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival Internacional do Mundo Celta |