Gizeh
مدينة الجيزة (ar) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Exipto | |||
Gobernación | Governación de Guiza ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 5.598.402 (2020) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 187 km² ![]() | |||
Altitude | 30 m ![]() | |||
Creación | 642 ![]() | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | (+20) 2 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | giza.gov.eg… ![]() | |||
![]() |
Gizeh[1] ou Xizá[2] (en copto: ⲅⲓⲍⲁ, e en árabe exipcio: الجيزة) é unha cidade próxima ao Cairo, no suroeste da cidade, a poucos quilómetros na ribeira do Nilo. É capital da provincia (muhafazah) de Al Jizah e a terceira maior cidade do Exipto, con 2 443 490 habitantes (2005).
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/af/All_Gizah_Pyramids.jpg/250px-All_Gizah_Pyramids.jpg)
Trátase dun importante centro comercial, industrial, cultural e administrativo. Conta cunha produción diversificada como a maquinaria, a industria química ou o tabaco.
A cidade posúe barrios musulmáns tradicionais así como luxosas urbanizacións ao longo do río e moitas embaixadas estranxeiras e sedes de órganos do goberno. As institucións educativas inclúen a Academia da Lingua Árabe, un Instituto de estudos de oftalmoloxía ou a Universidade do Cairo xa dende 1924.
Nela atópase a Meseta de Giza, na que se sitúa a famosa Necrópole de Gizeh, utilizada durante o Antigo Exipto, principalmente durante o Imperio Antigo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para esfinxe.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gizeh |