Condado de Saare
Aparencia
(Redirección desde «Saaremaa»)
Saare maakond (et) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Estonia | ||||
Capital | Kuressaare (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 31.919 (2023) (10,87 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.937,64 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
ISO 3166-2 | EE-74 | ||||
O condado de Saare (en estoniano: Saare maakond, ou Saaremaa, en latín: Osilia ou Oesel) é un dos 15 condados de Estonia. Está composto por Saaremaa, a maior illa de Estonia, e moitas illas menores preto dela. O condado limita no leste co condado de Lääne e co condado de Hiiu no norte. O 2,6% da poboación estoniana vive no condado de Saare.
Goberno rexional[editar | editar a fonte]
O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.
Xeografía[editar | editar a fonte]
As maiores illas do condado son Saaremaa, Muhu, Ruhnu, Abruka e Vilsandi. A temperatura media anual é de 6.0 °C e a precipitación media anual de 509 mm.
Subdivisións administrativas[editar | editar a fonte]
O condado está dividido en 3 concellos rurais (en estoniano vald):
- Muhu
- Ruhnu
- Saaremaa (incluíndo a cidade de Kuressaare)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Saaremaa - Web oficial do condado.
- Goberno do condado de Saare