Árnica falsa
Helichrysum fœtidum (L.) Moench | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor de San Xoán ou Árnica falsa. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Helichrysum fœtidum (L.) Moench L., 1754 | |||||||||||||||||||||
Distribución do H. fœtidum (L.) Moench en Europa.
|
A árnica falsa, tamén denominada flor de San Xoán[1]; Helichrysum fœtidum (L.) Moench, é unha planta da familia Asteraceae orixinaria de Suráfrica.
Naturalizada por gran parte da xeografía galega; principalmente nos hábitats costeiros onde vive. En zonas alteradas como cunetas, en ocasións penetrando en medios naturais como dunas ou nas zonas de transición entre cultivos e matogueiras[2]. Foi introducida en Galicia como planta ornamental.
Descrición[editar | editar a fonte]
Planta anual que ten querenza polos solos ácidos, co talo erguido pouco ramificado, follas alternas oblongo-lanceoladas e sésiles, tomentosas polo envés, moi aromática. Os capítulos agrúpanse no extremo do talo, son planos e achatados. Reprodúcese por sementes[3].
Orixe e distribución[editar | editar a fonte]
É orixinaria da provincia do Cabo en Suráfrica, mais naturalizada nas zonas costeiras do Finistère (Bretaña), na península de Cotentin, na Mancha (Baixa Normandía)[4] e nas costas de Galicia[5].
Propiedades[editar | editar a fonte]
É unha planta moi aromática. Adstrinxente; produce a contracción dos tecidos vivos, reducindo o fluxo de secrecións, a perda de sangue, mocos, diarrea etc. As follas do Helichrysum fœtidum son unha excelente cataplasma para as purulencias dolorosas. Utilízase coma cataplasma en circuncisións e tamén se usa tradicionalmente para aliviar a dor menstrual. Na África oriental empréganse as raíces contra a dor de ollos, as follas usanse para paliar a influenza e xunto co H. decorum e o H. stenopterum, os curandeiros inhalan H. fœtidum para entraren en transo[6].
Usos[editar | editar a fonte]
Utilízase como planta de xardín en zonas secas e cálidas; en Galicia foi introducida como planta ornamental e empregase para preparar a auga de San Xóan, polo aromática que é. É unha planta que gusta de exposicións cálidas, terras areosas ben drenadas e unha boa achega de manto. Propagase por semente ou mediante o transplante das plántulas. Despois da floración córtanse os talos. No caso de xeadas fortes é recomendable eliminar as partes aéreas danadas, volvendo a brotar. Adoita ser atacada polos caracois e lesmas[6].
Nomes vulgares[editar | editar a fonte]
- Árnica falsa, ou simplemente árnica[7], abreviando na linguaxe cotiá; non se debe confundir coa Arnica montana.
- Flor de San Xoán, denominándose deste xeito ó ser unha das plantas utilizadas nos ritos de San Xoán.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Galicia Xardín Botánico, IES Melide.
- ↑ Especies invasoras-Flora. Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.
- ↑ Flor de San Xoán, biodiversidad virtual, en castelán.
- ↑ Immortelle fétide. Tela Botanica, en francés.
- ↑ Sobre la distribución de los Helichrysum costeros gallegos. pdf, páxina 546, en castelán.
- ↑ 6,0 6,1 Siempreviva fétida o de El Cabo. Infojardin, en castelán.
- ↑ Falsa árnica, Asociación Naturalista Baixo Miño.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Árnica falsa |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Árnica falsa |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Asteraceae - Helichrysum fœtidum (L.) Moench; ficha da planta, en francés.