Aguas de Fontoira
Aparencia
Coordenadas: 43°14′03.03″N 7°34′29.29″O / 43.2341750, -7.5748028
AGUAS DE COSPEITO, S.L.U | |
---|---|
Tipo | Sociedade Limitada Unipersoal |
Matriz | Begano |
Localización | Estrada do Pino (LU-1702), km. 1,2 27377 Cospeito Lugo Galicia |
Industria | Auga |
Produtos | Auga Mineral Natural |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aguas de Fontoira é unha empresa galega adicada ao envasado de auga mineral natural situada no concello de Cospeito (Lugo). A empresa é propiedade de Begano, empresa fabricante de Coca-Cola en Galiza. O manancial de Fontoira foi declarado como mineral natural pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia o 21 de outubro de 1992.
Augas de Fontoira comercializa dende marzo de 2004 a súa auga baixo a marca Aquabona manancial de Fontoira. Coca-Cola ten en España tres mananciais que venden auga baixo a marca Aquabona: Santolín (Burgos), Fuenmayor (Teruel) e Peña Umbría (Valencia).
A empresa ten certificacións:
- ISO 9001 (calidade)
- ISO 14001 (medio ambiente)
- OHSAS 18001 (seguridade laboral)
- FSSC 22000 (seguridade alimentaria)