Al-Farabí
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fa) ابونصر محمد بن محمد فارابی ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 870 ![]() Otrar (pt) ![]() ![]() |
Morte | c. 950 ![]() Damasco ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Abbásida ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia natural, metafísica, matemáticas, lóxica, astronomía, medicina e Ética ![]() |
Ocupación | filósofo , físico , teórico da música ![]() |
Profesores | Abu Bishr Matta ibn Yunus (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Alumnos | Yahya ibn Adi (pt) ![]() ![]() |
Influencias | |
Lingua | Árabe, lingua persa e Língua sogdiana (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
![]() ![]() ![]() |
Muhammad ibn Muhammad ibn Tarkhan ibn Uzalagh al-Farabi (en lingua persa: محمد فارابی), tamén coñecido en Occidente como Alpharabus, Alfarabí, ou Farabi, nado en Wasij no 870 e finado no 950, foi un filósofo e científico persa de orixe turcófona e lingua literaria árabe.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha pequena vila preto de Farab (actual Casaquistán), e foi levado a Bagdad de neno polo seu pai.
Farabi fixo importantes contribucións en matemáticas, filosofía, medicina e mesmo música. Como filósofo escribiu comentarios sobre as obras de Aristóteles, categorizou a lóxica en dous grupos, un como idea e outro como proba. Escribiu un libro sobre música Kitab al-Musiqa (O libro da música), o seu sistema de ton puro árabe aínda se emprega na música árabe. Farabi tivo unha grande influencia na ciencia e no coñecemento durante séculos, o seu traballo considerado unha síntese de filosofía e sufismo, está na base da obra de Ibn Sina.
Influenciado polos escritos de Aristóteles apuntou a idea -herética para o islam- de que a razón é superior á revelación, cuestionou a autoridade do Corán dende o racionalismo e rexeitou a predestinación.
![]() |
Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |