American Psychological Association
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: APA.
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b4/G._Stanley_Hall.jpg/220px-G._Stanley_Hall.jpg)
A American Psychological Association (APA) é unha organización profesional de psicólogos dos EUA.
Historia[editar | editar a fonte]
Fundouse en xullo de 1892 na Universidade de Clark e o seu primeiro presidente foi Granville Stanley Hall. Actualmente conta con 150.000 asociados e un orzamento anual de $70 000 000, o que a converte na maior asociación mundial de psicólogos. A súa sede central está en Washington e divídese en 53 divisións profesionais e 58 divisións territoriais nos Estados Unidos e o Canadá. As súas directrices en diversas materias son moi estimadas por tódolos psicólogos.