Anna Abreu
Aparencia
![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fi) Anna Eira Margarida Mourão de Melo e Abreu ![]() 7 de febreiro de 1990 ![]() Vantaa, Finlandia ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Anna Abreu (–2017) ABREU (2017–) ![]() |
País de nacionalidade | Finlandia ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Sibelius Upper Secondary School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante ![]() |
Período de actividade | 2006 ![]() |
Xénero artístico | Música pop ![]() |
Lingua | Lingua finesa e lingua portuguesa ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | RCA Sony Music Finland (en) ![]() Warner Music Finland ![]() |
Participou en | |
4 de outubro de 2013 | Vain elämää, season 2 (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Lauri Heiskari (2013–) |
Páxina web | anna-abreu.fi ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Anna Eira Margarida Heiskari, nada en Vantaa o 7 de febreiro de 1990 co nome de Anna Eira Margarida Mourão de Melo e Abreu, é unha cantante pop-dance luso-finlandesa de ascendencia portuguesa, máis coñecida co nome artístico de Anna Abreu.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Acadou sona en 2007 por quedar segunda na terceira tempada do concurso de televisión Idols (ó estilo de Operación Triunfo). Foi a concursante que máis discos vendeu ata 2012, por riba do gañador de calquera edición. Gañou tres premios Emma da industria musical finlandesa e publicou seis discos:
- Anna Abreu (2007)
- Now (2008)
- Just A Pretty Face? (2009)
- Rush (2011)
- Greatest Hits (2012)
- V (2014)
- Sensuroimaton versio (2016)
- Teipillä tai rakkaudella 2019)
Ten un irmán máis vello, Emil, e vive coa súa nai en Vantaa, mentres que o seu pai dá clases no Instituto Superior de Agronomia da UTL de Sintra.