Arturo Vila Moure
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 ![]() A Agualada, España ![]() |
Morte | 7 de febreiro de 1982 ![]() Cidade de México ![]() |
Alcalde | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , industrial ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Arturo Vila Moure, nado na Agualada (Coristanco) en 1906 e finado en Cidade de México o 7 de febreiro de 1982, foi un industrial e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chofer en Coristanco. Na II República foi elixido alcalde de Coristanco en 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Pasouse ao bando leal e combateu no exército republicano. Coa derrota da República exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz no buque Mexique o 27 de xullo de 1939. Finou en Cidade de México o 7 de febreiro de 1982, con 75 anos.[2]
Predecesor: Jesús Chao Otero |
![]() Alcalde de Coristanco 1936 |
Sucesor: Manuel Calvelo Amigo |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Carmen Torres Reborido e foi pai de José, Perfecto, Luisa, Ramón e Arturo Vila Torres.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Concelleiros das corporacións republicanas
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 26-2-1982, p. 59.