Avenida de Oza (A Coruña)
Coordenadas: 43°21′17″N 8°23′54″O / 43.35469855907, -8.398231174271
Avenida de Oza | |
---|---|
Tipoloxía | avenida |
Dimensións | |
Lonxitude | 1,78 km |
Localización | |
Inicio | Praza de Catro Camiños |
Fin | Avenida da Pasaxe |
Confluencias
|
A avenida de Oza é unha rúa da cidade da Coruña que atravesa os barrios da Gaiteira e Os Castros.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Orixinariamente a rúa formaba parte da estrada da Pasaxe. Coa súa urbanización foi bautizada en dous tramos como avenida de García Prieto, ata a Gaiteira, e de Francisco Ferrer a partir dese punto. En 1936 bautizouse como avenida do general Sanjurjo.[2]
O nome actual lembra o antigo concello de Oza e foi proposto en 2009, chegando a colocarse algunhas placas.[3][4] Finalmente o 5 de abril de 2016 modificouse o nome para cumprir a Lei da memoria histórica.[5]
O 30 de abril de 1987 a sucursal do Banco Pastor da avenida sufriu un atentado terrorista que causou importantes danos materiais, tanto na propia oficina coma nos predios veciños, consecuencia da onda expansiva.[6]
Arquitectura[editar | editar a fonte]
Entre os edificios catalogados na avenida de Oza están:[7]
- Nº 8, edificio racionalista de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1939-1942).
- Nº 32, 41-43 e 183, edificios racionalistas.
- Nº 150, edificio modernista de 1950.
- Nº 152, edificio modernista de 1925.[8]
No número 117 da avenida sitúase o antigo concesionario de Citroën, de Andrés Fernández-Albalat Lois (1964), que chegou a ter licenza de derrubamento en 2012.[9][10]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La asociación de Oza, Os Castros y A Gaiteira critica la falta de inversiones en el barrio
- ↑ Máis de vinte rúas cambiarán de nome, a metade delas por segunda vez na súa historia
- ↑ General Sanjurjo pasará a llamarse avenida de Oza y la Universidade tendrá una placa entre Elviña y el Birloque
- ↑ Inician la sustitución de placas de General Sanjurjo por avenida de Oza
- ↑ La avenida General Sanjurjo estrena hoy su nueva denominación como avenida de Oza
- ↑ Estallan ocho bombas en entidades bancarias de seis ciudades gallegas
- ↑ "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ Un tesoro modernista en Os Castros
- ↑ El edificio de la Citroën sobrevive al plan de derribo
- ↑ El Ayuntamiento da por caducada la licencia de derribo del edificio Citröen de General Sanjurjo
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). A Coruña: Espacio Cultura. ISBN 978-84-938089-1-4.