Cibrán (nome)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cibrán.
Cibrán ou Cibrao é un nome propio masculino de orixe latina na súa variante en galego. O seu significado é "natural de Chipre, habitante de Chipre".
Santoral[editar | editar a fonte]
16 de setembro: San Cibrán, crego e escritor romano, bispo de Cartago (249-58) e santo mártir da Igrexa.
Estatísticas en Galicia[editar | editar a fonte]
San Cibrán é un santo moi venerado en Galicia e patrón de numerosas parroquias polo que debeu ser un nome común na antigüidade (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrán).
Nos últimos anos 114 varóns (cunha media de idade de 15) levan de novo a variante Cibrán en Galicia. A variante dialectal Cibrao, propia dos bloques central e oriental da lingua galega, segue en desuso[1].
Variantes[editar | editar a fonte]
- Masculino: Cibrao, Cibrán, Cibrá, Ciprián.
- Feminino: Cibrá, Cipriana.
Noutras linguas[editar | editar a fonte]
Español | Cipriano |
Alemán | Cyprian |
Asturiano | Cibrián |
Catalán | Cebrià |
Checo | Cyprianus |
Corso | Ciprianu |
Croata | Ciprijan |
Dinamarqués | Cyprianus |
Esperanto | Cipriano |
Éuscaro | Kipiren |
Finlandés | Cyprianus |
Francés | Cyprien |
Galego | Cibrán, Cibrao |
Xeorxiano | კვიპრიანე (Kvipriani) |
Grego | Κυπριανός (Kyprianos) |
Holandés | Cyprianus, Cypriaan |
Húngaro | Ciprián |
Inglés | Cyprian |
Islandés | Kýpríanus |
Italiano | Cipriano |
Latín | Cyprianus |
Lituano | Kiprijonas |
Noruegués | Cyprianus |
Polaco | Cyprian |
Portugués | Cipriano |
Ruso | Киприан (Kiprian) |
Sardo | Cipriànu |
Serbio | Кипријан (Kiprijan) |
Sueco | Cyprianus |
Ucraíno | Кипріян (Kiprijan) |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.
- Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7.
- Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.