Claus Sluter
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1340 ![]() Haarlem ![]() |
Morte | 1406 ![]() Dijon, Francia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escultor ![]() |
Membro de | |
Patrocinador | Filipe II, Duque da Borgonha (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() ![]() |
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/eb/Dijon_mosesbrunnen4.jpg/275px-Dijon_mosesbrunnen4.jpg)
Claus Sluter, nado en Haarlem en 1350 e finado en Dijon (Francia) en 1405 ou 1406, foi un escultor neerlandés que traballou na Borgoña, sendo considerado o creador da escola escultórica borgoñoa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sluter traballou en Bruxelas, onde figurou inscrito no gremio de canteiros, antes trasladarse a Dijon, onde foi entre os anos 1385 e 1389 axudante de Jean de Marville, escultor da corte do duque de Borgoña e asumiu o cargo tras a morte do seu mestre nese último ano. O resto da súa vida pemaneceu en Borgoña, excepto algunhas curtas viaxes que realizou a cidades que hoxe forman parte de Francia.
Foi o máis importante escultor do norte de Europa da súa época, reaccionou contra o estilo preciosista imperante, restaurou a escultura figurativa á súa escala clásica imprimindo pleno realismo no resto e actitudes das súas creacións, indepéndizandoas de forma absoluta do marco escultórico no que se insiren.
Obras principais[editar | editar a fonte]
- Retratos do duque e a duquesa de Borgoña (1396), castelo de Germolles.
- Pozo de Moisés (1395-1406), cartuxa de Champmol, formaba parte dun chafaríz de base hexagonal no clautro do convento, que a súa vez sostiña un calvario. Destruído o convento durante a Revolución francesa, o "pozo" consérvase na mesma cartuxa. Fragmentos do calvario están custodiados no Museo Arqueolóxico de Dijon.
- Sepulcros dos duques de Borgoña (antes de 1389-1406), inicialmente na cartuxa de Champmol, foron iniciados probabelmente por Jean de Marville, sen que Sluter lograra rematalos antes de falecer; foron destruídos tamén durante a Revolución francesa, mais serían restaurados e instalados no Museo Arqueolóxico de Dijon.