Cultura Tumaco-La Tolita
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dc/Tolita-Tumaco_gold_figure_1st_century_BC.jpg/220px-Tolita-Tumaco_gold_figure_1st_century_BC.jpg)
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/Territorio_da_cultura_Tumaco-La_Tolita.jpg/250px-Territorio_da_cultura_Tumaco-La_Tolita.jpg)
A cultura de Tumaco-La Tolita foi unha cultura arqueolóxica precolombiana que se difundiu pola rexión costeira de Colombia e Ecuador. Dous dos xacementos máis notables desta cultura amerindia son Tumaco e La Tolita, dos que toma o seu nome. A evidencia arqueolóxica dispoñible desta cultura é antiga no caso do sitio de La Tolita, cuxos materiais foron datados arredor do ano 600 a.C., mentres que en Tumaco as datas máis antigas corresponden a 300 a.C.
Relixión[editar | editar a fonte]
A súa relixión era politeísta, así mesmo tamén se rexían polo xamanismo. Practicaban unha relixión dirixida polos señores ou gobernantes, cuxo culto era o das deidades nadas do mundo real circundante como o xaguar, a serpe, a aguia, a harpía e o caimán. A actividade sacerdotal era moi intensa, con participación do xamanismo, consumo de plantas estimulantes e utilización de elementos de diversa procedencia ecolóxica.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cultura Tumaco-La Tolita ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bouchard, Jean Francois & Usselmann, Pierre. Trois millénaires de civilisation entre Colombie et Equateur : La région de Tumaco La Tolita. París, CNRS Editions, 2003.
- Coe, Snow e Benson. América Antigua. Civilizaciones precolombinas. Barcelona, Círculo de Lectores, 1989.
- Gutiérrez Usillos, Andrés (2002). Dioses, símbolos y alimentación en los Andes. Quito: Abya Yala.