David Monreal Izquierdo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1976 ![]() Ourense, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xogador de rugby ![]() |
Deporte | Rugby ![]() |
David Monreal Izquierdo, nado en Ourense o 15 de agosto de 1976, é un ex xogador de rugby internacional 16 veces coa selección española, entre 2002 e 2004. Tamén xogou con España Sub23 e España A, coa selección de Cataluña de 1994-2005 manténdose campión de España e sendo capitán varias tempadas. A súa posición no campo era a de talonador, no centro da primeira liña.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Criado en L'Hospitalet de Llobregat, comezou a xogar ó rugby con nove anos no seu colexio de Bellvitge. A súa carreira como xogador transcorreu no Rugby Club L'Hospitalet entre os 9 e os 32 anos de idade. Nos seus mellores anos o club ascendeu á División de Honra (tempada 2001/02) por primeira vez na historia e acadou a permanencia (tempada 2002/03) descendendo ó ano seguinte (tempada 2003/04). Monreal debutou coa selección española en 2002 e foi internacional 16 veces até 2004.
A comezos de 2006 mudou a súa residencia a Nova Zelandia,e comezou a adestrar a un equipo de Christchurch, xogando unha tempada para Burnside. En 2010 foi fichado como adestrador/xogador do Vigo Rugby Club que competía na División de Honra B, acadando o ascenso na súa primeira tempada. Era a primeira vez que un equipo galego ascendía á máxima categoría do rugby nacional. Con Monreal o club acadou a permanencia tres anos seguidos, até que en 2014 deixou Vigo polo seu Ourense natal para adestrar ó Ourense Rugby Club da liga rexional. Na primeira tempada Monreal acadou o campionato da liga galega, e na segunda tempada repetiu, acadando ademais o obxectivo do ascenso, facendo que o equipo da cidade das burgas competise por vez primeira na segunda división nacional, a División de Honra B.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Táboa de resultados 2002-2004. Copia arquivada o 11 de febreiro de 2017
- Monreal, cocinero y fraile, artigo no Faro de Vigo