Saltar ao contido

Derrick Coleman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDerrick Coleman

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Mobile, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Syracuse
Northern High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura208 cm Editar o valor em Wikidata
Peso104 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata - 2005 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla-pivote Editar o valor em Wikidata
Convocado porBrooklyn Nets Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Detroit Pistons
- Philadelphia 76ers
- Charlotte Hornets
- New Orleans Pelicans
1986-1990 Syracuse Orange men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1994Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1994 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Derrick D. Coleman, nado o 21 de xuño de 1967 en Mobile, Alabama, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,08 m, xogou como ala-pivote ou pivote nos New Jersey Nets, nos Philadelphia 76ers, nos Charlotte Hornets e nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA). No seu ano de debut na competición foi nomeado Rookie do Ano.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Nado en Alabama, Coleman criouse en Detroit, onde pasou os seus anos de instituto no Northern High School. Tras finalizar, matriculouse na Universidade de Syracuse. Foi un xogador problemático, con comportamento temerario, mais aínda así foi o eixo do seu equipo nas catro temporadas que permaneceu alí. As súas medias foron de 15 puntos e 10,7 rebotes por partido. Na súa honra, a súa camiseta co número 44 foi retirada en marzo de 2006.

Profesional[editar | editar a fonte]

Tras acabar a universidade foi elixido como número 1 do Draft da NBA de 1990 polos New Jersey Nets, sendo merecedor na súa primeira tempada do premio de Rookie do Ano tras facer unha media de 18,4 puntos e 10,3 rebotes por partido. Estes números foinos mellorando ano a ano en New Jersey, cun equipo moi sólido que mesturaba a mocidade do propio Coleman e de xogadores como [[Kenny Anderson, Chris Morris e Mookie Blaylock coa experiencia de Sam Bowie, Chris Dudley, Terry Mills e o croata Dražen Petrović. En 1994 foi elixido, xunto con Anderson, para o All-Star Game, sendo esta a súa única participación na festa do baloncesto NBA.

A súa actitude co novo adestrador e con algún dos seus compañeiros fixo que fose traspasado en 1995 aos Sixers, mais os números de Coleman xa non serían os mesmos. Tras tres tempadas, foi traspasado aos Charlotte Hornets, regresando a Filadelfia tres anos despois. Na temporada 2004−05 fichou polos Detroit Pistons, pero foi cortado tras disputar tan só catro partidos. Isto supuxo o final da súa carreira. Tras quince temporadas na NBA, fixo unha media de 16,5 puntos e 9,3 rebotes por partido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Derrick Coleman NBA Stats". Basketball-Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 6 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]