Donkey Punch the Night
Donkey Punch the Night | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Puscifer | |||||
Data de edición: | 19 de febreiro de 2013 | ||||
Lanzamento: | {{{lanzamento}}} | ||||
Datas de gravación: | |||||
Estudio(s) de gravación: | Caduceus Cellars Bunker | ||||
Duración: | 39:35 | ||||
Xénero musical: | rock alternativo, post-industrial | ||||
Selo discográfico: | Puscifer Entertainment | ||||
Producido por: | Mat Mitchell, Puscifer | ||||
Cronoloxía | |||||
|
Donkey Punch the Night é o terceiro EP da banda estadounidense de rock alternativo Puscifer, publicado o 19 de febreiro de 2013 a través do selo Puscifer Entertainment.
Antecedentes[editar | editar a fonte]
Donkey Punch the Night é a continuación do álbum de 2011 Conditions of My Parole e conta con dous temas novos, "Breathe" e "Dear Brother", ademais de dúas versións, "Bohemian Rhapsody" de Queen e "Balls to the Wall" de Accept. Tamén inclúe remesturas das novas cancións e dunha das versións.
O EP foi editado o 19 de febreiro de 2013 en formato dixital e en CD, sendo o vinilo publicado posteriormente o día 12 de marzo. O EP anunciouse, xunto coa súa listaxe de cancións e un conxunto deconcertos en Australia, en novembro de 2012. O EP conta coa mesma formación que Conditions of My Parole, con Maynard James Keenan nas voces, Carina Round nas voces e na guitarra, Mat Mitchell no baixo, na guitarra e nas programacións, Juliette Commagere nas voces adicionais, Josh Eustis na guitarra e no piano, Matt McJunkins no baixo e Jeff Friedl na batería e na percusión. Ademais conta con varios músicos invitados: Zac Rae no piano, Josh Morreau no baixo e Claire Acey nas voces.[1] Entre os artistas incluídos para as remesturas están Drumcell, SONOIO, Jonathan Bates e DJ Silent Servant.
Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Bohemian Rhapsody" (O.G. mix) | 5:52 |
2. | "Breathe" | 4:40 |
3. | "Dear Brother" | 3:43 |
4. | "Balls to the Wall" (Pillow Fight mix) | 3:55 |
5. | "Breathe" (Drumcell rework) | 7:24 |
6. | "Dear Brother" (Denton rework) | 3:24 |
7. | "Balls to the Wall" (Silent Servant El Guapo mix) | 4:11 |
- ↑ "Maynard James Keenan’s Puscifer to Release ‘Donkey Punch the Night’ EP in Early 2013". Loudwire. Consultado o 3 de agosto de 2018.