Eduardo Ramos
Eduardo Ramos | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Eduardo José Ramos Verde | ||
Nacemento | 13 de marzo de 1967 | ||
Lugar de nacemento | San Cristóbal de La Laguna | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1985–1986 | Güimar | 0 | (0) |
1987–1991 | Tenerife | 47 | (3) |
1988–1989 | → Marino | 33 | (10) |
1991–1992 | Las Palmas | 16 | (0) |
1992–1994 | Realejos | 23 | (6) |
1994–1996 | Las Palmas | 73 | (24) |
1996–1997 | Gáldar | 37 | (7) |
1998–2001 | Universidad de Las Palmas | 80 | (8) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Eduardo José Ramos Verde, nado en San Cristóbal de la Laguna o 13 de marzo de 1967, é un exfutbolista canario, que xogaba de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras xogar co Güimar en Terceira División, fichou en 1987 polo Tenerife, co que debutou na Segunda División na campaña 1987/88, nun partido contra o Hércules. Na seguinte tempada xogou cedido no Marino, da Segunda División B, marcando 10 goles en 33 partidos.[1]
Regresou a continuación ao Tenerife, que viña de ascender á Primeira División. Debutou na máxima categoría nun partido contra o Zaragoza na Romareda, e xogou 20 partidos de liga durante a tempada 1989/90, marcando un gol ante Osasuna. O equipo rematou antepenúltimo na táboa, tendo que xogar unha promoción de permanencia contra o Deportivo da Coruña de Arsenio Iglesias. O partido de ida en Tenerife acabou 0-0, mentres que na volta en Riazor un gol seu na prórroga deulle o triunfo ao equipo canario e permitiulle seguir un ano máis en Primeira.[2]
Na tempada 1990/91 xogou 21 partidos de liga, anotando outro gol. Sen continuidade no Tenerife, no verán de 1991 fichou pola UD Las Palmas, coa que descendeu a Segunda B. A continuación pasou dúas tempadas no Realejos antes de regresar ao equipo grancanario, co que completou unha boa campaña na tempada 1994/95, con 17 goles en 31 partidos de liga, sendo o terceiro máximo goleador do Grupo I da Segunda B, só por detrás de Javi Prendes e do seu compañeiro Rafa. Na seguinte tempada conseguiu o ascenso a Segunda como campión do grupo, e pasou a continuación a xogar no Gáldar, tamén de Segunda B. Pechou a súa carreira no Universidad de Las Palmas, onde xogou tres anos, logrando un novo ascenso a Segunda no segundo deles.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Eduardo Ramos, el héroe olvidado por el tinerfeñismo que triunfó en Gran Canaria". eldiario.es (en castelán). 11 de xuño de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ "20 años del gol de Eduardo Ramos en Riazor" (en castelán). 11 de xuño de 2010. Consultado o 19 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador no sitio web oficial do CD Tenerife (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2010.