Eichiro Oda
Nome orixinal | (ja) 尾田栄一郎 ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1975 ![]() Kumamoto, Xapón ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón ![]() |
Educación | Kyushu Tokai University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Historieta, Manga e Q124846931 ![]() ![]() |
Ocupación | Mangaka , produtor delegado , ilustrador , guionista ![]() |
Período de actividade | 1992 ![]() |
Empregador | Shueisha (pt) ![]() ![]() |
Profesores | Masaya Tokuhiro (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua xaponesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Eichiro Oda (尾田 栄一郎, Oda Eiichirō), nado o 1 de xaneiro de 1975 na prefectura de Kumamoto no Xapón, é debuxante de manga, coñecido por ser o creador de One Piece, que é a serie manga máis vendida de todos os tempos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cando era neno, Oda inpirouse nos traballos de Akira Toriyama e aspiraba a ser un debuxante de manga. Ademais, o seu interese polos piratas vénlle da célebre serie Vickie, o viquingo.
Ao cumprir dezasete anos, Oda presentou o seu primeiro traballo, Wanted!, e gañou varios premios, incluíndo o segundo posto no concurso Tezuka Award. Isto introduciuno na revista Weekly Shonen Jump, empezando a traballar como asistente de Shinobu Kaitani na serie Suizan Police Gang, para logo estar nas Jungle King Tar-chan e Mizu no Tomodachi Kappaman', de Masaya Tokuhiro, o que lle influenciou bastante no seu estilo artístico.
Con dezanove anos gañou o premio Hop Step Award for New Artists. Nestes tempos, debuxou dúas historias curtas de piratas, chamadas Romance Dawn que foron publicadas entre os anos 1996 e 1997. Romance Dawn presentaba a historia de Monkey. D Ruffy, que se había converter despois no protagonista de One Piece. Esta apareceu no ano 1997 por vez primeira na Weekly Shonen Jump, e axiña acadou sona por todo o Xapón. A súa meirande influencia é Akira Toriyama, creador de Dragon Ball e de O doutor Slump e Arale.
Obras[editar | editar a fonte]
- Wanted! (1992).
- Un agasallo de Deus desde o futuro (1993).
- Ikki Yakou (1993).
- Monstros (1994).
- Romance Dawn (1996).
- One Piece (desde 1997).
- Wanted! (1998, na Colección de Historias Curtas).
- Dragon Ball x One Piece: Cross Epoch (2007).
- One Piece x Toriko (2011).
Popularidade[editar | editar a fonte]
No ano 2008, nunha enquisa da empresa Oricon, Oda foi elixido como o quinto debuxante de manga favorito do Xapón, compartindo posto con Yoshichiro Togashi, creador de YuYu Hakusho e Hunter × Hunter.