Eurovision: Europe Shine a Light
Eurovision: Europe Shine a Light | |
---|---|
Datas | |
Final | 16 de maio de 2020 |
Anfitrión | |
Presentador(es) | Chantal Janzen Edsilia Rombley Jan Smit NikkieTutorials |
Televisión anfitrioa | ![]() ![]() ![]() |
Eurovision: Europe Shine a Light, foi un programa de televisión que se emitiu en directo, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (UER) e polos entes de radiodifusión dos Países Baixos: AVROTROS, Nederlandse Omroep Stichting (NOS) e Nederlandse Publieke Omroep (NPO). Este espazo foi o encargado de substituír a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020, que estaba prevista para que se celebrase na cidade de Rotterdam (Países Baixos), pero foi cancelada por mor da pandemia de COVID-19.
O evento foi emitido desde a cidade neerlandesa de Hilversum o día 16 de maio de 2020. A súa duración foi de aproximadamente dúas horas.[1][2] Ademais, foi presentado por Chantal Janzen, Edsilia Rombley e Jan Smit, que xa foran elixidos anteriormente para presentar a edición do Festival de Eurovisión 2020, antes de que este fora cancelado.[3]
Antecedentes[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: Pandemia de COVID-19.
Como a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020 non se ía a poder celebrar debido ao brote de enfermidade por coronavirus 2019 (COVID-19), a UER decidiu organizar o programa de televisión Eurovision: Europe Shine a Light como alternativa. O nome deste programa foi inspirado pola canción «Love Shine a Light» da banda anglo-estadounidense Katrina & the Waves, a cal gañou o Festival de Eurovisión 1997 (XLII edición).
Esta foi a cuarta vez que a UER organizou un programa especial no formato de Eurovisión, logo dos especiais preparados para o 25°, 50º e 60º aniversario do festival: Songs of Europe (celebrado o 22 de agosto de 1981 en Mysen, Noruega), Congratulations: 50 years of the Eurovision Song Contest (celebrado o 22 de outubro de 2005 en Copenhague, Dinamarca) e Eurovision Song Contest's Greatest Hits (celebrado o 31 de marzo de 2015 en Londres, Reino Unido). Cabe destacar que, do mesmo xeito que este último, o especial de 2020 foi un certame non competitivo.
Formato[editar | editar a fonte]
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Eurovision-2020-hosts.png/220px-Eurovision-2020-hosts.png)
Durante o programa, as 41 cancións que foran elixidas para participar no Festival de Eurovisión 2020 foron homenaxeadas nun formato non competitivo. Xuntos, todos os artistas interpretaron a canción "Love Shine a Light" desde os seus respectivos países de orixe.[4] Tamén foron invitados varios participantes de edicións anteriores e os fans enviaron fragmentos de vídeo cantando "What's Another Year?" de Johnny Logan, vencedor do Festival de Eurovisión 1980 na Haia.[5]
Localización[editar | editar a fonte]
O 1 de abril de 2020, Hilversum foi confirmada como cidade anfitrioa do evento, co Studio 21 en Media Park como sede do espectáculo.[1] Foi a segunda vez que Hilversum organizou un evento de Eurovisión, xa que previamente albergou o Festival de Eurovisión 1958.[6]
Contidos[editar | editar a fonte]
Actuacións[editar | editar a fonte]
O programa contou con actuacións dos seguintes artistas de Eurovisión:[7]
Mostra das cancións de 2020[editar | editar a fonte]
O programa tamén mostrou aos artistas e as cancións que previstas para o Festival de Eurovisión 2020 con breves extractos dos vídeos musicais ou representacións das cancións, xunto con mensaxes dos propios artistas sobre a situación excepcional causada pola pandemia. A orde foi a seguinte:
# | País | Intérprete(s) | Canción | |
---|---|---|---|---|
Primeiro bloque | ||||
01 | ![]() |
Eden Alene | «Feker Libi» | |
02 | ![]() |
Ulrikke | «Attention» | |
03 | ![]() |
Little Big | «Uno» | |
04 | ![]() |
Tornike Kipiani | «Take Me As I Am» | |
05 | ![]() |
Tom Leeb | «Mon Alliée (The Best In Me)» | |
06 | ![]() |
Efendi | «Cleopatra» | |
07 | ![]() |
Elisa Silva | «Medo de Sentir» | |
08 | ![]() |
The Roop | «On Fire» | |
09 | ![]() |
The Mamas | «Move» | |
Segundo bloque | ||||
01 | ![]() |
Samanta Tīna | «Still Breathing» | |
02 | ![]() |
Hooverphonic | «Release Me» | |
03 | ![]() |
James Newman | «My Last Breath» | |
04 | ![]() |
VAL | «Da Vidna» | |
05 | ![]() |
Aksel Kankaanranta | «Looking Back» | |
06 | ![]() |
Vasil | «You» | |
07 | ![]() |
Gjon's Tears | «Répondez-moi» | |
08 | ![]() |
Hurricane | «Hasta La Vista» | |
Terceiro bloque | ||||
01 | ![]() |
Blas Cantó | «Universo» | |
02 | ![]() |
Arilena Ara | «Fall From The Sky» | |
03 | ![]() |
Lesley Roy | «Story Of My Life» | |
04 | ![]() |
Ana Soklič | «Voda» | |
05 | ![]() |
Vincent Bueno | «Alive» | |
06 | ![]() |
Victoria Georgieva | «Tears Getting Sober» | |
07 | ![]() |
Senhit | «Freaky!» | |
08 | ![]() |
Daði & Gagnamagnið | «Think About Things» | |
Cuarto bloque | ||||
01 | ![]() |
Stefania Liberakakis | «Superg!rl» | |
02 | ![]() |
Benny Cristo | «Kemama» | |
03 | ![]() |
Alicja Szemplińska | «Empires» | |
04 | ![]() |
Natalia Gordienko | «Prison» | |
05 | ![]() |
Sandro | «Running» | |
06 | ![]() |
Roxen | «Alcohol You» | |
07 | ![]() |
Damir Kedžo | «Divlji vjetre» | |
08 | ![]() |
Ben Dolic | «Violent Thing» | |
Quinto bloque | ||||
01 | ![]() |
Destiny | «All Of My Love» | |
02 | ![]() |
Uku Suviste | «What Love Is» | |
03 | ![]() |
Montaigne | «Don't Break Me» | |
04 | ![]() |
Go_A | «Solovey» | |
05 | ![]() |
Ben & Tan | «Yes» | |
06 | ![]() |
Diodato | «Fai Rumore» | |
07 | ![]() |
Athena Manoukian | «Chains On You» | |
08 | ![]() |
Jeangu Macrooy | «Grow» |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Granger, Anthony (1 de abril de 2020). "Eurovision: Europe Shine a Light To Be Broadcast Live From Hilversum". Eurovoix (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ "Eurovision: Europe Shine A Light will bring audiences together on 16 May". Eurovision.tv. 31 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "European Broadcasting Union Announces 'Eurovision: Europe Shine a Light'". Eurovoix (en inglés). 31 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ Muldoon, Padraig (7 de abril de 2020). "2020 Acts To Sing "Love Shine A Light" At Eurovision: Europe Shine A Light". Wiwibloggs. Consultado o 10 de abril de 2020.
- ↑ "Oproep: Eurovision sing-a-long met Johnny Logan's 'What's Another Year'". Songfestival.nl (en neerlandés). 8 de abril de 2020. Consultado o 10 de abril de 2020.
- ↑ "Hilversum 1958". Eurovision.tv.
- ↑ https://escxtra.com/2020/05/06/guests-europe-shine-a-light/