Feira Taurina de Sarria
A Feira Taurina de Sarria é un evento que forma parte do programa dos festexos de San Xoán na localidade luguesa de Sarria. Nos anos 2008 e 2010 non se levou a cabo por razóns económicas, xa que o Concello de Sarria non destinou fondos para a celebración das corridas de touros.
Sarria é unha das localidades de Galicia cunha tradición taurina máis importante e antiga [Cómpre referencia], con Padrón, Noia, A Coruña e Pontevedra, pero tamén ten unha cantidade grande da súa poboación que é contraria a esta tradición.
A praza de touros portátil construíase cada ano na zona de Outarela, entre o centro de saúde e o hotel Alfonso IX, cunha capacidade para 4000 persoas. Nos derradeiros anos o festexo consistía nunha corrida cun novilleiro e dous toureiros, seguidos dunha solta de vaquillas. En 2009 un dos toureiros foi José Antonio Canales Rivera.
A celebración futura deste evento taurino en Sarria é moi dubidosa, debido a razóns económicas e de presións ecoloxistas, e a pesar do apoio das dúas peñas taurinas da localidade.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Vuelven los toros a Sarria-Lugo artigo publicado en www.pontevedrataurina.org en xuño do 2009 (en castelán)
- "Volvieron los toros a Sarria" artigo de La Voz de Galicia do 29 de xuño de 2009 (en castelán)
- "Jesulín toreará en Sarria si el Concello se compromete a respaldar la corrida" artigo de La Voz de Galicia do 13 de maio do 2010 (en castelán)
- "Queja gastronómica para pedir que haya toros en San Xoán" artigo de La Voz de Galicia do 29 de xuño de 2010 (en castelán)