Felipe Mesones
Felipe Mesones | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Felipe Mesones Temperán | ||
Nacemento | 9 de febreiro de 1936 | ||
Lugar de nacemento | Buenos Aires | ||
Falecemento | 15 de decembro de 2017 | ||
Lugar de falecemento | Murcia | ||
Posición | extremo esquerdo | ||
Carreira xuvenil | |||
Boca Juniors | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1952–1953 | Boca Juniors | 5 | (0) |
1953–1955 | San Lorenzo de Almagro | ||
1955–1956 | Atlanta | ||
1956–1958 | Independente Santa Fe | ||
1958–1963 | Murcia | 55 | (11) |
1962 | → Levante | 4 | (0) |
1963–1966 | Hospitalet | 64 | (5) |
1966–1967 | Europa | 1 | (0) |
Adestrador | |||
1967–1969 | San Telmo | ||
1969–1970 | Mahón | ||
1970–1972 | Cartagena | ||
1972–1974 | Murcia | ||
1975–1976 | Tenerife | ||
1976–1977 | Elche | ||
1977 | Hércules | ||
1978–1980 | Salamanca | ||
1981–1982 | Elche | ||
1982 | Valladolid | ||
1983–1984 | Granada | ||
1984–1985 | Salamanca | ||
1985–1987 | Cartagena | ||
1987–1988 | Elche | ||
1989–1991 | Murcia | ||
1991–1992 | Salamanca | ||
1992 | Betis | ||
1993 | Valladolid | ||
1994 | Hércules | ||
1995–1996 | Elche | ||
1996–1997 | Murcia | ||
1998 | Xerez | ||
2000 | Granada | ||
2000 | Elche | ||
2001 | Cartagonova | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Felipe Mesones Temperán, nado en Buenos Aires o 9 de febreiro de 1936 e finado en Murcia o 15 de decembro de 2017,[1] foi un futbolista e adestrador arxentino.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Xogaba de extremo dereito, era rápido, tiña facilidade para o desmarque e un forte golpeo do balón. Comezou a súa carreira futbolística no seu país, militando nas filas do Boca Juniors, o San Lorenzo de Almagro e o Atlanta, pasando logo polo Independente Santa Fe de Colombia, no que xogou unha tempada.[2] A continuación trasladouse a España, onde xogou o resto da súa carreira, pasando polo Real Murcia, Levante, Hospitalet e Europa, retirándose neste último en 1967.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Tras colgar as botas regresou á Arxentina, onde comezou a súa carreira como adestrador dirixindo o San Telmo. A continuación volveu cruzar o océano Atlántico para volver ao fútbol español, no que desenvolveu o resto da súa carreira como técnico durante as seguintes tres décadas.
Tras unha tempada no Mahón, e dúas no Cartagena, de Tercera División, comezou a súa primeira etapa como adestrador do Real Murcia na tempada 1972/1973 da Segunda División. Na súa primeira campaña proclamouse campión da categoría, logrando o ascenso á Primeira División.
Na seguinte tempada conseguiu a permanencia, pero na campaña 1974/75 foi cesado tras 10 xornadas, sendo substituído por Puskás.
Nas seguintes campañas pasou polos bancos do Tenerife, Elxe, Hércules, Salamanca, Valladolid, Granada e Cartagena.
En 1987 comezou a súa terceira etapa no Elche, conseguindo o ascenso a Primeira División tras rematar subcampión de Segunda. Máis tarde pasou dúas tempadas de novo no Murcia, disputando na segunda delas a promoción de ascenso a Primeira, pero sendo derrotado polo Zaragoza.
Posteriormente pasou polo Salamanca (por terceira vez) e polo Betis, antes de comezar a súa segunda etapa no Valladolid, co que conseguiu o terceiro ascenso a Primeira da súa carreira. Nos seguintes anos adestrou varios equipos de Segunda e Segunda B, incluída unha terceira etapa no Murcia, converténdose no adestrador que máis partidos dirixiu no club (196). Pechou a súa carreira na tempada 2001/02 no Cartagonova.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Luto en el fútbol regional por la muerte de Felipe Mesones". La Verdad (en castelán). 15 de decembro de 2017. Consultado o 18 de marzo de 2022.
- ↑ Diusabá Rojas, Víctor; Ruiz Bonilla, Guillermo (2001). Santa Fe 60 años 1941-2001 (en castelán). Bogotá: Santa Fe Corporación Deportiva. p. 190.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1936
- Nados en Buenos Aires
- Finados en 2017
- Futbolistas da Arxentina
- Xogadores do CA Boca Juniors
- Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro
- Xogadores do CA Atlanta
- Xogadores do Club Independiente de Santa Fe
- Xogadores do Real Murcia
- Xogadores do Levante UD
- Xogadores do CE L'Hospitalet
- Xogadores do CE Europa
- Adestradores de fútbol da Arxentina
- Adestradores do Cartagena FC
- Adestradores do Real Murcia
- Adestradores do CD Tenerife
- Adestradores do Elche CF
- Adestradores do Hércules CF
- Adestradores da UD Salamanca
- Adestradores do Real Valladolid
- Adestradores do Granada CF
- Adestradores do Real Betis Balompié
- Adestradores do Xerez CD
- Adestradores do FC Cartagena