García Jofre de Loaísa
Aparencia
Nome orixinal | (es) García Jofré de Loayza |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1490 (Gregoriano) Cidade Real |
Morte | 30 de xullo de 1526 (35/36 anos) Océano Pacífico |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | explorador , mariño |
Lingua | Lingua castelá |
García Jofre de Loaísa nado en Cidade Real en 1490 e finado no océano Pacífico o 30 de xullo de 1526, foi un mariño da coroa de Castela. Descubriu o cabo de Fornos e as illas Marshall.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comandou a expedición que o 24 de xullo de 1525 partiu do porto da Coruña nunha frota de sete naos e 450 homes para colonizar as illas Molucas, ricas en especias entón en disputa das coroas de Castela e Portugal. Regresaron a España 24 mariños en 1536.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El misterio de la carabela San Lesmes, el barco que podría reescribir la historia de Nueva Zelanda", artigo de no blog Va de barcos, 30 de xuño de 2018 (en castelán).
- ↑ "Atlas de los exploradores españoles". 2009. Consultado o 2018-12-01.