Gaston Gross
(2005) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1939 Confolens, Francia (pt) |
Morte | 13 de outubro de 2022 (83 anos) Eaubonne, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Director de tese | Jacques Chaurand |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Doutorando | Freiderikos Valetopoulos (en) e Irina Kokochkina (pt) |
Gaston Gross, nado en Confolens, Charente (Francia) o 30 de setembro de 1939[1] e finado en Eaubonne (Francia) o 13 de outubro de 2022, foi un lingüista francés. Foi profesor de lingüística na Universidade de París XIII, onde dirixiu o Laboratoire de Linguistique Informatique (LLI). Especializouse no tratamento automático das linguas, para o cal desenvolveu a noción de "clase de obxecto"[2].
Estudou literatura, lingüística e estatística en Estrasburgo. Comezou a súa carreira na Universidade de Mulhouse (1971-1974), despois foi nomeado para a Universidade de París XIII, onde pasou toda a súa carreira e onde fundou o Laboratoire de linguistique Informatique (LLI), do CNRS, cuxo obxectivo era unha descrición exhaustiva da linguaxe a partir de clases semánticas baseadas na sintaxe, as clases de obxecto. Traballou durante quince anos en tradución automática (Systran) e colaborou con varias empresas de procesamento da linguaxe natural.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Gross, Gaston (1939-2022)". Bibliothèque Nationale de France. Catalogue Général. Consultado o 25/05/2023.
- ↑ Gross, Gaston (1994). "Classes d'objets et description des verbes". Langages (115): 15–30. doi:10.3406/lgge.1994.1684.