Gerardo Castaño Balado
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Padrón, España |
Morte | outubro de 1980 Padrón, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | debuxante , caricaturista |
Gerardo Castaño Balado, coñecido como Castaño, nado en Padrón e finado no mesmo concello en outubro de 1980, foi un debuxante e caricaturista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Gerardo Castaño Vilanova, secretario do Xulgado de Padrón, e Josefa Balado Alonso. Foi oficial segundo do concello de Padrón até 1923.[1] Amigo da infancia de Manuel Antonio, que foi quen o animou a publicar os seus traballos.[2] Deu a coñecer os seus debuxos humorísticos en Faro de Vigo e Vida Gallega entre 1927 e 1931, e a partir dese ano deixou de publicar. É cualificado como debuxante humorista naif.[3][4] No franquismo escribiu poesía, como o relato en verso "Fun a Leiro c'unha moza".[5]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- González Pérez, Clodio (1986). Castelao caricaturas e autocaricaturas. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-286-0.
- Pascual Carballo, Alberto (2009). Humor gráfico galego: da transición ao século XXI. Ir Indo. ISBN 978-84-7680-648-7.