Gonzalo Carré Alvarellos
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Gonzalo Carré y Alvarellos ![]() 24 de xaneiro de 1891 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 18 de decembro de 1983 ![]() A Coruña, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista , atleta , xornalista deportivo ![]() |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá ![]() |
Deporte | fútbol atletismo ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | María del Pilar Carré, May Carré ![]() |
Pai | Uxío Carré Aldao ![]() |
Irmáns | Uxío Carré Alvarellos, Leandro Carré Alvarellos e Lois Carré Alvarellos ![]() |
Gonzalo Carré Alvarellos, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1891 finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1983,[1] foi un deportista e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Uxío Carré Aldao e de Purificación Alvarellos Pena, foi irmán de Xosé, Uxío, Leandro e Lois Carré Alvarellos. Foi pai das escritoras María del Pilar Carré e May Carré.
Comezou a xogar como futbolista no Reina Victoria en 1905, e xogou tamén no FC Galicia e no María Pita. Desde 1908 foi comentarista deportivo no diario El Noroeste, e foi nomeado vicesecretario da Federación Galega de Fútbol. Foi un dos organizadores da primeira Volta ciclista a Galicia en 1933, e entre 1955 e 1972 estivo na directiva da Federación Galega de Atletismo.
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/Eugenio_Carr%C3%A9_Aldao_cos_seus_fillos%2C_de_esquerda_a_dereita_Gonzalo%2C_Leandro%2C_Eugenio%2C_Luis_e_Carlos_Carr%C3%A9_Alvarellos._Arquivo_Carr%C3%A9.jpg/300px-Eugenio_Carr%C3%A9_Aldao_cos_seus_fillos%2C_de_esquerda_a_dereita_Gonzalo%2C_Leandro%2C_Eugenio%2C_Luis_e_Carlos_Carr%C3%A9_Alvarellos._Arquivo_Carr%C3%A9.jpg)
Recibiu a medalla de ouro ao mérito atlético da Federación Galega de Atletismo, a medalla de prata da Federación Española de Atletismo (1960) e a de bronce da Delegación Nacional de Educación Física y Deportes (1965). Foi xuíz nacional e honorario da Real Federación Española Atlética.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 19-12-1983, p. 29, 47.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Gonzalo Carré Alvarellos en Galegos.info.