Gorka Santamaría
Gorka Santamaría | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Gorka Santamaría Nos | ||
Nacemento | 3 de xullo de 1995 | ||
Lugar de nacemento | Bilbao | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Gimnàstic de Tarragona | ||
Número | 9 | ||
Carreira xuvenil | |||
2005–2013 | Athletic de Bilbao | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2014 | Basconia | 64 | (31) |
2014–2016 | Bilbao Athletic | 74 | (25) |
2016–2017 | → Cádiz | 16 | (2) |
2017–2018 | Recreativo de Huelva | 31 | (5) |
2018–2019 | Sporting de Gijón B | 35 | (10) |
2019–2022 | Badajoz | 87 | (31) |
2022 | Deportivo da Coruña | 13 | (0) |
2023 | Badajoz | 19 | (4) |
2023– | Gimnàstic de Tarragona | 9 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 25 de outubro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Gorka Santamaría Nos, nado en Bilbao o 3 de xullo de 1995, é un futbolista español, que xoga de dianteiro no Nàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF. É irmán dos tamén futbolistas Josu e Ander Santamaría, sendo xemelgo deste último.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ingresou aos 10 anos na canteira do Athletic Club e foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club. Na tempada 2012/13 debutou na Terceira División co Basconia, segundo filial do Athletic, e na seguinte campaña foi o máximo goleador do grupo IV da categoría, con 20 tantos.[2] Para a tempada 2014/15 subiu ao primeiro filial, o Bilbao Athletic, da Segunda División B,[3] onde militou durante dúas tempadas, tendo como adestrador ao "Cuco" Ziganda. Na primeira delas marcou 18 goles, sendo o máximo goleador do equipo xunto a Sabin Merino, e logrou o ascenso á Segunda División.[4] Na tempada 2015/16 marcou 7 goles en 34 partidos da categoría de prata, pero o equipo acabou descendendo. Na tempada 2016/17 saíu cedido ao Cádiz,[5] onde dispuxo só de 481 minutos, nos que marcou dous goles.
En 2017 rematou o seu contrato co Athletic e asinou co Recreativo de Huelva, de Segunda B.[6] Disputou un total de 31 partidos co club andaluz, nos que marcou 5 goles. Para a tempada 2018/19 fichou polo Sporting de Gijón B,[7] co que marcou 10 goles en 35 partidos.[8]
En xullo de 2019, fichou polo Badajoz, club no que militou durante os seguintes tres anos.[9] Durante ese período disputou un total de 92 partidos e marcou 31 goles, contribuíndo a que o equipo se proclamase campión do seu grupo da Segunda B en 2021, aínda que non conseguiu o ascenso a Segunda. Na tempada 2021/22 os seus 15 goles colocárono como o terceiro máximo goleador do Grupo I da Primeira División RFEF, só por detrás de Quiles e Héctor Hernández.
En xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, tamén da Primeira RFEF.[10] Con todo,no club galego non conseguiu achegarse aos seus números na campaña pasada e non conseguiu ningún gol nos 14 partidos que disputou, dos que só saíu como titular en tres. O último día de 2022 o club anunciou o despido do xogador.[11]
O 12 de xaneiro de 2023 fíxose público o seu regreso ao Badajoz.[12] Disputou 19 partidos co club estremeño ata o final da tempada, anotando 4 goles, sen poder salvar o equipo do descenso. En xuño anunciouse a súa fichaxe polo Nàstic de Tarragona.[13]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Beltrán, Javier (6 de decembro de 2018). "Gorka Santamaría: «Villalibre e Iñigo Vicente serán jugadores de Primera División»" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ Vivanco, Joseba (5 de decembro de 2014). "Los cachorros enseñan sus garras a los leones" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "El Bilbao Athletic empieza a trabajar con 17 novedades en un grupo de 25 futbolistas" (en castelán). 14 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ Rodrigálvarez, Eduardo (28 de xuño de 2015). "El Bilbao Athletic, una orquesta variopinta de aprendices". El País (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "Santamaría refuerza la delantera del Cádiz". Marca (en castelán). 20 de xullo de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "El Recreativo ficha al delantero del Athletic Gorka Santamaría". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de agosto de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ Cabranes, Ángel (6 de xullo de 2018). "Gorka Santamaría refuerza al Sporting B" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "Gorka Santamaría y Rubén Sánchez no continúan en la disciplina rojiblanca" (en castelán). 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2021. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ Zubieta, Jon (3 de xullo de 2019). "El exrojiblanco Santamaría ficha por el Badajoz". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "Gorka Santamaría, primeira fichaxe do Dépor 22-23". 21 de xuño de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "La salida poco amistosa de Gorka Santamaría del Deportivo" (en castelán). 2 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Gorka Santamaría ficha de nuevo por el Badajoz y volverá a Riazor el 25 de febrero" (en castelán). 12 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ Sobrino, Adrián (27 de xuño de 2023). "Gorka Santamaría ficha por el Nástic de Tarragona" (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador no sitio web do Athletic Club (en castelán).
- Nados en 1995
- Nados en Bilbao
- Futbolistas do País Vasco
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do CD Baskonia
- Xogadores do Bilbao Athletic
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores do Sporting de Gijón B
- Xogadores do CD Badajoz
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Gimnàstic de Tarragona