Ignacio Gómez Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 (51/52 anos) Ribadavia, España |
Alcalde de Ribadavia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
José Ignacio Gómez Pérez, nado en Ribadavia en 1972, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Vinculado ao PSdeG-PSOE dende os 16 anos, foi Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia en Ribadavia. Nas eleccións municipais de 1999 concorreu como número 5 da candidatura do PSdeG en Ribadavia, se ben non resultou elixido. En novembro de 2000 foi elixido Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Ribadavia[1]. Nas eleccións municipais de 2003 resultou elixido concelleiro e tenente de alcalde de Ribadavia. Tralas municipais de 2007 e 2011 volveu ser elixido concelleiro e tenente de alcalde, tras revalida-lo PSdeG o goberno da vila. En 2007 e 2011 foi designado deputado provincial, sendo ademais portavoz do grupo socialista na Deputación dende 2011.
Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE[2] e foi elixido alcalde de Ribadavia como cabeza da lista máis votada[3]. Volveu ser designado deputado provincial, continuando como portavoz do grupo socialista. Porén, en novembro de 2016 foi destituído como portavoz pola executiva provincial do partido, tras manter diversas discrepancias internas[4]. Nas municipais de 2019 pasou a se-la segunda forza política tralo PPdeG, se ben tiña opción de mante-la alcaldía co apoio da marea Ribeiro en Común. Porén, esta formación vetou a súa continuidade como alcalde para apoiar os socialistas, polo que o PPdeG logrou a alcaldía ó se-la forza máis votada[5]. Nese mandato volveu ser designado deputado provincial, sendo ademais o viceportavoz do grupo socialista. En febreiro de 2021 o PSdeG e Ribeiro en Común presentaron unha moción de censura que fixo alcaldesa á socialista Noelia Rodríguez, pasando a formar parte da Xunta de Goberno Local pero sen asumir competencias concretas[6]. Nas municipais de 2023 concorreu como número 4 da candidatura do PSdeG, a cal perdeu o goberno tras logra-lo PPdeG a maioría absoluta. Se ben inicialmente non resultou elixido concelleiro, a renuncia dunha compañeira fixoo acceder de novo á corporación. Volveu ser designado deputado provincial.
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 concorre como número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE por Ourense.
Notas
- ↑ El PSOE de Ribadavia nombra a José Ignacio Gómez secretario general local
- ↑ El PSOE elige a Ignacio Gómez como candidato a la Alcaldía de Ribadavia
- ↑ El nuevo alcalde de Ribadavia llama al diálogo a la oposición
- ↑ La cúpula provincial del PSOE releva a su portavoz en la Diputación
- ↑ La discordia entre PSOE y Ribeiro en Común permite al PP gobernar Ribadavia
- ↑ Una moción de censura de PSOE y RenC en Ribadavia desaloja al PP del gobierno
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Predecesor: Marcos Blanco Jorge |
Alcalde de Ribadavia 2015 - 2019 |
Sucesor: César Fernández Gil |