Illa San Andrés
Coordenadas: 12°35′37″N 81°42′19″O / 12.59361, -81.70528
San Andrés | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Localización | |||||
![]() | |||||
Datos | |||||
Capital | San Andrés | ||||
País | Colombia | ||||
Linguas | |||||
Poboación (2007) | |||||
Superficie | 25 km² | ||||
Densidade | |||||
Coordenadas | 12°33′N 81°43′O / 12.550, -81.717 | ||||
Maior Altura |
A Illa de San Andrés forma parte do Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina pertence politicamente a Colombia desde o ano de 1803 cando España a anexionou política e administrativamente ao entón vicerreinado da Nova Granada por medio da Real Orde de San Lorenzo, de tal xeito que cando este territorio independizouse cara a 1819, as illas anexáronse de inmediato por vontade propia á actual Colombia.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Atópase localizada no mar Caribe, ao leste de Nicaragua, nordés de Costa Rica e 480 quilómetros ao noroeste da costa de Colombia. Ten 25 km². North End (Cidade de San Andres) é o principal núcleo urbano, onde se atopa a administración departamental, o comercio, os bancos, varios hoteis e o aeroporto. Na contigua baía de San Andrés, funciona o porto do Cove. A Loma é outro núcleo urbano, habitado pola poboación raizal, atópase no centro da illa caracterizado por unha cadea de outeiros (Flowers, Orange, Shingle e Lion's Hill). Ao sur da illa está San Luís, un poboado raizal, que agora tamén inclúe establecementos turísticos.
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e3/San_Andres_Island_Montage.jpg/220px-San_Andres_Island_Montage.jpg)
![San Andrés e as illas Providencia.](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Islas_de_San_Andr%C3%A9s_y_Providencia.svg/300px-Islas_de_San_Andr%C3%A9s_y_Providencia.svg.png)