Invasor
Aparencia
Invasor | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Invasor |
Director | Daniel Calparsoro |
Produtor | Juan Gordon Emma Lustres Borja Pena |
Guión | Javier Gullón Jorge Arenillas |
Baseado en | Novela de Fernando Marías |
Intérpretes | Alberto Ammann Inma Cuesta Karra Elejalde Antonio de la Torre Luis Zahera |
Música | Lucas Vidal |
Fotografía | Daniel Aranyó |
Montaxe | Antonio Frutos David Pinillos |
Estudio | Morena Films Vaca Films |
Estrea | 2012 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Suspense |
Orzamento | €3 000 000 (estimado) |
Na rede | |
Invasor é un filme galego dirixido por Daniel Calparsoro que se estreou no 2012. Baséase na novela homónima de Fernando Marías. O filme foi rodado en Madrid, nas Illas Canarias e a cidade da Coruña.[1]
Sinopse[editar | editar a fonte]
Pablo é un médico militar enviado en misión de paz a Iraq durante a guerra de 2003. Nunha saída rutineira, o seu convoi é atacado no deserto. El e o seu amigo Diego logran salvarse refuxiándose nunha casa deshabitada. Convalecente, é devolto á casa xunto coa súa muller e filla. Ó ir recuperando as lembranzas comeza a sospeitar que lle ocultan información e négase a secundar a versión oficial dos feitos. Comeza para entón un pesadelo para el e a súa familia.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Alberto Ammann como Pablo
- Inma Cuesta como Ángela
- Karra Elejalde como Baza
- Antonio de la Torre como Diego
- Luis Zahera
- Alex Hafner como Executor americano
- Sofía Oria como Pilar
- Benjamin Nathan-Serio como Soldado americano
- Isabel Blanco como Doutora
- Fran Peleteiro como Ramón
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]
- 2012: Premios Goya: 5 nomeamentos, incluíndo mellor guión adaptado.
Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
11ª edición | Mellor filme | Daniel Calparsoro | Nomeado |
Mellor director | Daniel Calparsoro | Nomeado | |
Mellor actor secundario | Antonio de la Torre | Nomeado | |
Antonio de la Torre | Nomeado | ||
Mellor actriz secundaria | Inma Cuesta | Nomeada | |
Mellor guión | Javier Gullón e Jorge Arenillas | Nomeados | |
Mellor dirección de produción | Jordi Berenguer | Nomeado | |
Mellor dirección artística | Juan Pedro Gaspar | Nomeado | |
Mellor montaxe | Antonio Frutos e David Pinillos | Gañadores | |
Mellor son | Sergio Bürmann, James Muñoz e Nicolás de Poulpiquet | Nomeados | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Raquel Fidalgo e Paco Rodríguez | Nomeadas |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no soportal do audiovisual galego.
- Invasor na IMDb (en inglés).