James Patrick Stuart
![]() (2010) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1968 ![]() Encino, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Os Ánxeles ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Laguna Beach High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor , actor de televisión , actor de dobraxe , actor de cinema ![]() |
Período de actividade | 1980 ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Chad (pt) ![]() ![]() |
Páxina web | jamespatrickstuart.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
James Patrick Stuart, nado en Encino (Os Ánxeles) o 16 de xullo de 1968, é un actor estadounidense de cine e televisión.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
James Stuart naceu en Encino, un barrio afluente dos Ánxeles, fillo de Chad e Jill Stuart. O seu pai participara na década dos 60 no dúo da televisión británica Chad & Jeremy. Como o seu pai era parte dun dúo pop, James pasou gran parte da súa mocidade nos estudios de gravación.[1] Como neno actor, empregou o nome Patrick Stuart, e participou na serie dos anos 80, Galactica 1980, como Doctor Zee.
É coñecido sobre todo polos seus papeis en series de televisión como CSI: Las Vegas, Emily's reasons why not ou Nip/Tuck, pero tamén participou poñendo a voz na versión en inglés de varios videoxogos como por exemplo Kingdom Hearts II ou Call of Duty 2.
Tamén fixo a voz de Private na serie The Penguins of Madagascar.
James Stuart reside en Os Ánxeles coa súa dona, Jocelyn, e os seus dous fillos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "James Patrick Stuart on 2 Broke Girls". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na IMDb (en inglés)