Javier Estévez Viana
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 As Neves, España |
Morte | 14 de setembro de 1936 (32/33 anos) Ponteareas, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , xornalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Javier Estévez Viana, nado nas Neves cara 1903 e finado en Ponteareas o 14 de setembro de 1936, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sobriño de Alejandro Viana Esperón. Membro do Centro Republicano de Tui, pasou en 1933 a militar no Partido Republicano Radical Socialista.[1] Militou despois en Izquierda Republicana e foi elixido vicesecretario da Juventud de Izquierda Republicana de Ponteareas en marzo de 1935.[2] Comerciante en Ponteareas. Colaborou en Tribuna e Renovación e foi correspondente de El País en Ponteareas.[3] Participou nos mitins da campaña para as eleccións de febreiro de 1936.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro do Comité de Defensa da República de Ponteareas. Tomada a vila polos facciosos, agochouse na casa duns correlixionarios preto do mosteiro de Canedo. Foi detido e ingresou no cárcere de Tui o 13 de agosto. Ás sete da tarde do 14 de setembro a Garda Civil e un grupo de falanxistas de Ponteareas levárono ao depósito municipal da vila. Foi torturado para que delatase o agocho dos republicanos fuxidos: malleiras, amputación dos órganos sexuais, perda das unllas e perforacións nos pulmóns con agullas. Levárono á praza da vila ameazándoo con matalo diante da casa da súa nai. Finalmente asasinárono no Cemiterio da Vila.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Vigo con Isabel Sangermán Alfaro en novembro de 1929.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rodríguez Gallardo, Ángel (2008). "A represión franquista no concello de Tui". O Miño, unha corrente de memoria. Actas das Xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño (2006, 2007) (PDF). Ponteareas: Alén Miño. pp. 93–94. ISBN 978-84-930739-8-5.
- Rodriguez Gallardo, Ángel (2006). O ruído da morte. A represión franquista en Ponteareas (1936-1939). Sada: Do Castro.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Javier Estévez Viana na páxina web Nomes e Voces.