Joaquín Caparrós
Joaquín Caparrós | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Joaquín Jesús Caparrós Camino | ||
Nacemento | 13 de outubro de 1955 (68 anos) | ||
Lugar de nacemento | Utrera | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Plus Ultra | |||
Leganés | |||
Conquense | |||
Tarancón | |||
Adestrador | |||
1981–1984 | San José Obrero | ||
1984 1986 | Campillo | ||
1986–1989 | Montilla | ||
1989–1990 | Castela-A Mancha | ||
1990–1992 | Gimnástico de Alcázar | ||
1992–1993 | Conquense | ||
1994–1995 | Manzanares | ||
1995–1996 | Moralo | ||
1996–1999 | Recreativo | ||
1998–2000 | Andalucía | ||
1999–2000 | Villarreal | ||
2000–2005 | Sevilla | ||
2005–2007 | Deportivo da Coruña | ||
2007–2011 | Athletic Club | ||
2011 | Neuchâtel Xamax | ||
2011–2013 | Mallorca | ||
2013–2014 | Levante | ||
2014–2015 | Granada | ||
2016–2017 | Osasuna | ||
2017 | Al Ahli | ||
2018 | Sevilla | ||
2019 | Sevilla | ||
2020–2022 | Armenia | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Joaquín Jesús Caparrós Camino, nado en Utrera (Sevilla) o 13 de outubro de 1955, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Tras colgar as botas aos 26 anos, Caparrós decidiuse por iniciar a súa carreira como adestrador, dirixindo a equipos como o San José Obrero CF (1981 a 1984), Campillo CF (1984 a 1986), Montilla CF (1986 a 1989), a selección de Castela-A Mancha (1989 a 1990), CF Gimnástico de Alcázar (1990 a 1992), UB Conquense (1992 a 1993), Manzanares CF (1994 a 1995) ou Moralo CP (1995 a 1996).
O gran paso adiante como adestrador logrouno en 1996, cando foi contratado polo Recreativo de Huelva, equipo no que recalou tres anos e logrou ascender a Segunda División. En 1999 foi contratado polo Villarreal CF, pero só estivo sete xornadas no cadro amarelo, xa que as súas formulacións non chegaron a convencer, e foi substituído por Paquito García Gómez.[1] Ademais das súas actividades no día a día como adestrador de club, entre 1998 e 2000 fíxose cargo da selección andaluza.
En 2000 chegou ao Sevilla FC e foi neste club no que obtivo os seus maiores éxitos como adestrador, clasificándoo en dúas ocasións para a Copa da UEFA. Soubo dirixir ben nunha situación económica caracterizada por uns recursos financeiros escasos, baseando a súa formulación no traballo das categorías inferiores do club. Cando Caparrós chegou o Sevilla estaba en Segunda División e cando o abandonou en 2005 estaba na elite do fútbol español.
En 2005 rexeitou a renovación co Sevilla e quixo comezar un novo proxecto,[2] sendo así contratado polo Deportivo da Coruña coa intención de darlle potencialidade á canteira. Na súa primeira tempada na Coruña o equipo rematou 8º e na segunda, a 2006–07, o Dépor foi 13º. Ante este panorama Caparrós decide deixar o equipo ao rematar a tempada e cederlle o testemuño ao seu sucesor, Miguel Ángel Lotina. Durante a súa etapa deportivista lográronse os obxectivos; non descender, aínda que o bo xogo brillou pola súa ausencia.[3] Ese mesmo verán de 2007 foi contratado polo Athletic Club.[4]
Durante a súa primeira tempada en Bilbao, o Athletic rematou 11º na Liga tras dúas tempadas rozando o descenso e no seu segundo ano o equipo clasificouse para a final da Copa do Rei, torneo que perdeu fronte ao FC Barcelona (1–4).
En outubro de 2011 foi contratado polo RCD Mallorca, tras a dimisión de Michael Laudrup.[5] En febreiro de 2013 foi cesado como adestrador do RCD Mallorca, sendo substituído por Gregorio Manzano.
En xuño de 2013 foi contratado polo Levante UD, en substitución de Juan Ignacio Martínez.[6]
O 28 de maio de 2014 foi anunciado como novo adestrador do Granada, en substitución de Lucas Alcaraz, cun contrato por dous anos.[7] O 16 de xaneiro de 2015, co equipo último na clasificación, é destituído.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Caparrós: "No me arrepiento de haber estado en el Villarreal"". El Periódico Mediterráneo (en castelán). 2003-10-24. Consultado o 2022-04-14.
- ↑ "Caparrós deja el Sevilla"
- ↑ ""Joaquín Caparrós deja paso al próximo técnico del Deportivo"". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2014. Consultado o 06 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Caparrós es presentado como nuevo entrenador del Athletic"
- ↑ "Serra Ferrer anuncia un acuerdo con Caparrós"
- ↑ "Caparrós entrenará al Levante el próximo curso"
- ↑ Caparrós ya es oficialmente entrenador del Granada; Marca, 28 de maio de 2014 (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1955
- Nados en Utrera
- Futbolistas de Andalucía
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores da UB Conquense
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Adestradores do Athletic Club
- Adestradores do RCD Mallorca
- Adestradores do Levante UD
- Adestradores do Granada CF
- Adestradores do Neuchâtel Xamax
- Adestradores do Sevilla FC
- Adestradores do Villarreal CF
- Adestradores do Recreativo de Huelva
- Adestradores do CA Osasuna
- Adestradores da selección de fútbol de Armenia
- Directores deportivos de fútbol de España