José López Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Pontevedra, España |
Morte | 17 de xaneiro de 1945 Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | perito agrícola , xornalista |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
José López Otero, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade o 17 de xaneiro de 1945, foi un perito agrícola e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Profesor da Escola Normal de Pontevedra. Foi nomeado auxiliar do servizo agrónomo da provincia de Málaga en 1897,[1] e destinado ao servizo agronómico de Pontevedra en 1905,[2] do que foi nomeado xefe en 1925.[3]
Colaborou en O Galiciano, El Anunciador, A Tía Catuxa, La Revista Popular, La Unión Republicana, Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar, El Noticiero, El Noticiero Gallego, El Diario de Pontevedra e dirixiu a revista Galicia Agrícola. Defendeu a necesidade de incluír as prácticas agrícolas no currículo das escolas rurais como instrumento eficaz para desenvolver as aptitudes e capacidades do alumnado.
Publicou os relatos "Refreusión" e "Un viaxe" en O Novo Galiciano. Finou en Pontevedra o 17 de xaneiro de 1945.[4]
Obras[editar | editar a fonte]
- El periodismo en Pontevedra, 1899.
- Pontevedra. Recuerdos, monumentos, música y costumbres, 1900.[5]
- De la viña, 1923.
- Los jardines escolares, 1925.
- Libro de la agricultura regional, 1931.
- La viña, 1936.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Madrid con Blanca Fraile de Aula en 1903.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José López Otero |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 316.
- Hermida, M.; et al. (2003). Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: CIRP. pp. 189–199. ISBN 84-453-3736-X.
- "López Otero, Xosé". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Ossorio y Bernard, M. (1903). Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (en castelán). Imprenta y litografía de J. Palacios. p. 234.