Juan Mari Mujika
Juan Mari Mujika | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan María Mujika Izaguirre | ||
Nacemento | 12 de maio de 1963 | ||
Lugar de nacemento | Donostia | ||
Falecemento | 14 de xuño de 2004 | ||
Lugar de falecemento | Zumarraga | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Real Sociedad | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1984–1985 | San Sebastián | ||
1985–1990 | Real Sociedad | 129 | (11) |
1990–1993 | Deportivo da Coruña | 37 | (2) |
1993–1995 | Alavés | ||
Selección nacional | |||
1986 | España sub-21 | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan María Mujika Izagirre, chamado futbolisticamente Mújica, Mugika ou Mujika, e alcumado Musti, nado en Donostia o 12 de maio de 1963 e finado en Zumarraga (Guipúscoa) o 14 de xuño de 2004, foi un futbolista vasco da década dos anos 1980 e 90. Xogou na posición de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou na tempada 1985–86 en Primeira División coa Real Sociedad, cando foi chamado polo seu adestrador John Toshack do equipo filial. Debutou o 6 de outubro de 1985, nun partido fronte ao RCD Espanyol en Atocha que rematou con vitoria local (1–0). No equipo donostiarra permaneceu até a tempada 1989–90, logrando a Copa do Rei 1986–87, e contando durante estas campañas coa titularidade.
Na tempada 1990–91 fichou polo Deportivo da Coruña, co que ascendeu esa tempada a Primeira División. No Deportivo, que gozou de moita menos titularidade, permaneceu até a tempada 1992–93, relegado á suplencia toda esa campaña e sen xogar ningún partido de toda a segunda volta.
Na tempada 1993–94 fichou polo Deportivo Alavés, en Segunda División B, onde xogou dúas campañas. Na súa primeira tempada no conxunto vitoriano o veterano xogador guipuzcoano loitou por devolver ao Alavés á Segunda División. Con todo, o equipo perdeu nos play-off de ascenso. Na súa segunda tempada, e da man do adestrador Txutxi Aranguren, o Alavés logrou o ansiado ascenso. Mujika retirouse en 1995.
En xuño de 2001 Mujika sufriu un gravísimo accidente de tráfico que lle deixou en estado de coma vexetativo. O 23 de novembro de 2003 os equipos de veteranos de Real Sociedad e Real Madrid disputaron un partido amigable para recadar fondos para a familia do xogador. Finalmente, tras estar preto de tres anos prostrado neste estado, Mújika faleceu o 14 de xuño de 2004 no hospital de Zumarraga aos 41 anos de idade.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
A súa proxección na Real Sociedad fixo que debutara coa selección española sub-21 o 29 de xaneiro de 1986, nun partido de Eurocopa sub-21 fronte á selección marroquí sub-21 que rematou con vitoria (3–0). Aínda que foi convocado durante todo o torneo non volveu vestir a camisola da selección.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Real Sociedad