Juan Pando
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Pando, nado en Barcelona en 1956 e criado en Madrid, é un xornalista, crítico e escritor cinematográfico de orixe catalá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de cursar estudos de Dereito e Xornalismo, iniciou a súa actividade profesional no xornalismo na axencia Efe, a Cadena Ser e a axencia Colpisa. Foi subdirector do quincenal vitivinícola Marco Real, redactor xefe de Gastronomía y Enología e de Nueva Banca, e produtor do programa Un mundo feliz de RNE-Radio 1. A final da década de 1980 especializouse en información de cinema, traballando dende aquela neste campo en prensa, radio e televisión.
Os seus textos publicáronse no diario El Mundo, o semanario Diez Minutos e o mensual especializado Fotogramas, entre outras publicacións.
Obra[editar | editar a fonte]
- Hollywood al desnudo (Espasa Calpe, 1997)
- Nacidos para triunfar: Cien actores jóvenes (Ediciones B,1997)
- Crónica negra de Hollywood (Espasa Calpe, 1998)