Leandro del Río Carnota
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 Ordes, España |
Morte | 15 de outubro de 1957 (74/75 anos) Pontevedra, España |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952 Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | sacerdote católico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Leandro del Río Carnota, nado en Ordes en 1882 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1957, foi un sacerdote e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ordenado sacerdote en 1903, estaba doutoramento en Teoloxía. Foi párroco de Lérez desde 1919. Presentouse como candidato da Derecha Liberal Republicana dentro da candidatura Republicano-Agraria ás eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 pola provincia de Pontevedra, pero non foi elixido, estivo a 3.000 votos de obter o escano. No franquismo foi presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra. Foi elixido procurador en Cortes polas Hermandades Sindicales de Labradores y Ganderos en abril de 1949.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Faro de Vigo, 2-4-1949, p. 3-
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rodríguez Lago, José Ramón (2004). "Del Movimiento a la Acción. Los católicos en el Vigo de la II República" (PDF). Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudios Vigueses (10): 19. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2013.