MBC
MBC | |
---|---|
Propiedade de | The Foundation of Broadcast Culture: 70%
Fundación Jeong-Su: 30% |
País | Corea do Sur |
Sede central | Seúl |
Na rede
| |
http://www.imbc.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/66/1970~1980%27s_MBC_Government_building.jpg/220px-1970~1980%27s_MBC_Government_building.jpg)
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/2011%EB%85%84_9%EC%9B%94_6%EC%9D%BC_%EA%B0%95%EB%A6%89%EC%86%8C%EB%B0%A9%EC%84%9C_%EA%B9%80%ED%9D%A5%EB%B9%88_%EA%B0%95%EB%A6%89MBC_%EC%9D%B8%ED%84%B0%EB%B7%B0_DSC02860.jpg/220px-2011%EB%85%84_9%EC%9B%94_6%EC%9D%BC_%EA%B0%95%EB%A6%89%EC%86%8C%EB%B0%A9%EC%84%9C_%EA%B9%80%ED%9D%A5%EB%B9%88_%EA%B0%95%EB%A6%89MBC_%EC%9D%B8%ED%84%B0%EB%B7%B0_DSC02860.jpg)
A MBC[1] ou Munhwa Broadcasting Corporation ( en coreano 문화방송주식회사 Munhwa Bangsong Jusikhoesa) é unha compañía pública de radiotelevisión de Corea do Sur que se estableceu o 21 de febreiro de 1961 comezou a emitir o 2 de decembro dese ano. Está participada dende 1988 maioritariamente por unha fundación pública[2] e conta cunha rede con 16 estacións locais[3].
Historia[editar | editar a fonte]
Era radiofónica (1961-1968)[editar | editar a fonte]
O 2 de decembro de 1961 comezou a emitir dende Seúl a emisora de radio da MBC so o indicativo HLKV como emisora privada. O 12 de abril de 1963 estableceu oficinas rexionais nas principais cidades: Busan, Daegu, Gwangju, Daejeon e Jeonju que con Seúl conformaron unha rede nacional a partir de 1964.
Era da televisión en branco e negro (1969-1980)[editar | editar a fonte]
O 8 de agosto de 1969 comezou a transmitir sinais de televisión, co indicativo HLAC-TV e o 5 de outubro de 1970 principio a emitir o seu telexornal, o MBC Newsdesk e tras chegar a acordos con sete estacións comerciais, en Ulsan, Jinju, Gangnueng, Chuncheon, Mokpo, Jeju e Masan ao longo de 1968 e 1969, comezou a emitir para toda Corea do Sur cunha rede de 13 estacións rexionais. En 1974 principiou as emisións de radio en FM e aliouse co xornal Kyunghyang Shinmun.
Era da televisión en cor (1980-1990)[editar | editar a fonte]
En 1980 o goberno de Chun Doo-hwan estatilizou a compañía[4] tras a promulgación da lei básica de prensa e desfíxose a sociedade que tiña co Kyunghyang Shinmun e o 65% das súas accións pasaron á compañía pública KBS. O 22 de decembro de 1981 comezou a emitir en cor para Seúl e o 1 de xaneiro de 1981 para o resto do país. En 1981 a MBC fundou o equipo profesional de béisbol, o MBC Cheongryong. Dous acontecementos deportivos celebrados en Seúl na década de 1980 marcaron os avances tecnolóxicos na cadea, os Xogos de Asia de 1986 e os Xogos Olímpicos de 1988.
Era multimedia (1991-2000)[editar | editar a fonte]
Logo de medrar rapidamente ata se converter nunha gran corporación que cubría a meirande parte dos acontecementos internacionais, a MBC estableceu compañías especializadas: MBC Production, MBC Media Tech, MBC Broadcast Culture Center, MBC Arts Company, MBC Arts Center converténdoas en subsidiarias para competir mellor nunha época que estaba mudando en multimedia.
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/08/MBC_Sports%2B_baseball_broadcasters_from_acrofan.jpg/220px-MBC_Sports%2B_baseball_broadcasters_from_acrofan.jpg)
Era dixital (dende 2001)[editar | editar a fonte]
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cc/Yiruma_Golden_Disk_Open_Studio_2017_in_Suwon.jpg/220px-Yiruma_Golden_Disk_Open_Studio_2017_in_Suwon.jpg)
Como a converxencia entre radiodifusión e comunicación proseguía a súa aceleración, MBC fixo á súa subsidiaria para Internet, iMBC, unha corporación independente. Comezou a operar por cable (MBC Plus Media), satélite, DMB e a emitir as 24 horas pola televisión terrestre. En 2007 estableceu un centro de produción dixital, o Ilsan Dream Center e en setembro de 2014 rematou a construción da súa nova sede central. En 2007 constituíu unha nova subsidiaria, MBC America, con sede nos Ánxeles para distribuír a súa programación polos Estados Unidos e o 1 de agosto de 2008 creou MBC-D, unha rede de televisión para transmitir en subcanles dixitais de varias estacións de televisión dese país.
Canles[editar | editar a fonte]
Televisión[editar | editar a fonte]
- MBC TV, é a canle de televisión insignia da cadea.
- MBC Drama, canle por cable e satélite dedicada ás series coreanas.
- MBC Sports+, canle por cable e satélite dedicada aos deportes.
- MBC Every1, canle por cable e satélite dedicada ao entretemento.
- MBC On, canle por cable e satélite dedicada ás series clásicas coreanas.
- MBC M, canle por cable e satélite dedicada á música.
Radio[editar | editar a fonte]
- MBC Standard FM, emisora de radio principal da cadea e que emite programación variada: novas, deportes, entretemento.
- MBC FM4U, emisora dedicada á música pop e o entretemento.
- Channel M, emisora musical que só transmite para Seúl de xeito dixital.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A cadea emprega as súas siglas en inglés como imaxe corporativa
- ↑ "Who We Are" FBC
- ↑ "About MBC" MBC
- ↑ Chunhyo Kim (2016) Samsung, Media Empire and Family: A power web Routledge, p. 19