Marcelino Villares Santiago
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 (108/109 anos) Montevideo, Uruguai |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Marcelino Villares Santiago, nado en Montevideo en 1915, foi un militar, político e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1936 vivía en Cruzul (Becerreá). Militante do Partido Comunista de España (PCE) combateu na guerra ingresando no Instituto de Carabineros en maio de 1937.[1] Coa derrota da República foi detido e condenado a seis anos de prisión. Estivo preso na Prisión Provincial de Madrid, de onde saíu en liberdade provisional en 1943.[2] En 1944 organizou o Comité Comarcal de Becerreá do PCE. Detido en febreiro de 1946, e xulgado por rebelión militar na Coruña no proceso 75/1946, en consello de guerra celebrado o 18 de xullo de 1946, foi condenado vinte e cinco anos de prisión.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. pp. 191–192. ISBN 84-87783-79-1.