Marco Claudio Tácito
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 200 ![]() Terni ![]() |
Morte | xuño de 276 (Gregoriano) ![]() Tyana ![]() |
Causa da morte | morte natural ![]() |
![]() | |
25 de setembro de 275 – abril de 276 ← Aureliano – Floriano → | |
Senador romano | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga ![]() |
Relixión | Relixión na Roma antiga ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Período de tempo | Alto Imperio Romano, Baixo Imperio Romano, Greco-Roman Egypt (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Lingua latina ![]() |
Outro | |
Título | Emperador romano ![]() |
Irmáns | Floriano ![]() |
![]() ![]() |
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cf/Antoninianus_Tacitus-s3315-light.jpg/275px-Antoninianus_Tacitus-s3315-light.jpg)
Marcus Claudius Tacitus nace probablemente en Amitermo (Italia), no ano 200. Era o decano do Senado, cando morre asasinado Aureliano.
Ó morrer este, ábrese un período duns seis meses de intreregno, no que non hai emperador. O Senado atopa en Tácito o candidato, xa que era ben aceptado polo pobo romano e polo exército. Nun primeiro intre rexeita a púrpura imperial, aducindo a súa avanzada idade. Pero as presións do Senado fano aceptar a finais do 275.
Home afable, íntegro e amante da literatura, unha das súas primeiras decisións, despois da deificacion de Aureliano, foi perseguir os seus asasinos e condenalos a morte. Nomea a M. Annio Floriano, seu irmán, Prefecto da Garda Pretoriana.
Moi pronto os godos e mais os escitas invadiron o Ponto, Capadocia e Cilicia, poñéndose Tácito á fronte do seu exército da Tracia, xunto co seu irmán, rexeitando os invasores e obrigándoos a volver de novo as súas terras. Recibe por iso o título de Gothicus Maximus. Pero el xa non torna de novo a Roma, xa que morre en xuño do 276 debido a unhas febres, segundo algúns, ou a unha conxura dos xefes militares, segundo outros. Só estivera sete meses como emperador romano. Sucédeo o seu irmán Floriano, que foi aceptado polo Senado, pero non así polas lexións de Oriente, que nomean a Probo como novo emperador, quen, vencendo a Floriano, queda como sucesor de Tácito.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Aureliano |
Marco Claudio Tácito | Precede a: Probo |
Emperadores Ilirios |