Matthew Murphy
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1984 (39 anos) Liverpool, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Liverpool College (en) Liverpool Institute for Performing Arts (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista |
Período de actividade | 2003 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Indie rock |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | 14th Floor Records |
Matthew "Murph" Edward Murphy[1], nado o 23 de xullo de 1984, é un músico inglés, máis coñecido por cantar e tocar a guitarra e o teclado para The Wombats.
The Wombats[editar | editar a fonte]
Matthew forma parte do trío de Liverpool The Wombats, xunto con Dan Haggis (batería) e Tord Øverland Knudsen (baixo).
A historia da banda comezou cando The Liverpool Institute for Performing Arts deulles a oportunidade de tocar en varios concertos.
Logo terminaron por gañar suceso na radio británica con cancións coma: "Moving to New York", "Backfire at the Disco]]" que lles permitiron estrear "Kill The Director" coma un single. Despois publicaron "Let's Dance to Joy Division" con grande éxito, seguido dunha xira europea e finalmente dunha festa de Nadal na discoteca Liverpool Academy.
O novo sinxelo da banda, "Our Perfect Disease", foi publicado o 14 de agosto de 2011.
O segundo álbum da banda, titulado "This Modern Glitch" foi lanzado o 25 de abril de 2011 en diferentes formatos: CD, descarga dixital e mesmo en vinilos de 7" e 12".
Publicidade/Aparicións na TV[editar | editar a fonte]
Matthew Murphy apareceu nun episodio do popular concurso musical australiano Spicks and Specks dirixido por Adam Hills. Murphy foi un concursante neste episodio. Durante o programa, Knudsen e Haggis interpretaron a canción da serie O carteiro Pat en noruegués.
Infancia[editar | editar a fonte]
Creceu no barrio Woolton Hill situado nas aforas da cidade de Liverpool. Matthew asistiu a escola pública de Liverpool College e ao Liverpool Institute of Performing Arts onde coñeceu aos seus compañeiros Tord Overland Knudsen e Daniel Haggis cos que formaría a súa banda.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "American Society of Composers, Authors and Publishers: Matthew Edward Murphy". ASCAP. 20 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2009. Consultado o 20 de maio de 2009.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matthew Murphy |