Melissa Joan Hart
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1976 ![]() Smithtown, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Westport ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Educación | Universidade de Nova York Professional Children's School (en) ![]() ![]() |
Cor dos ollos | Azul ![]() |
Cor do pelo | Louro ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Controle de armas de fogo (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | actriz de televisión , actriz de cinema , modelo , produtora de televisión , director de televisión , actriz , directora de cinema , actriz de teatro , emprendedora , actriz de dobraxe , realizadora , produtora , cantante , creadora de podcast ![]() |
Período de actividade | 1985 ![]() |
Partido político | Partido Republicano ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa e lingua eslovena ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Participou en | |
28 de abril de 1998 | Jeopardy! (pt) ![]() ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Mark Wilkerson (2003–) |
Fillos | Tucker Wilkerson (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Emily Hart (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Melissa Joan Hart, nada en Smithtown, Nova York o 18 de abril de 1976, é unha actriz, directora, produtora, cantante, deseñadora de moda e empresaria estadounidense. É coñecida polos seus papeis principais nas series Clarissa Explains It All (1991–94), Sabrina the Teenage Witch (1996–03), e Melissa & Joey (2010–15).
Carreira[editar | editar a fonte]
Inicios na actuación[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira a unha idade temperá. O seu primeiro comercial de televisión foi para un xoguete chamado Splashy. Dende entón, realizou máis de 25 comerciais antes de cumprir os cinco anos. A súa carreira televisiva comezou en 1985 cun papel menor na miniserie Kane & Abel. O ano seguinte tivo un papel estelar nun episodio de The Equalizer e un papel principal coa actriz Katherine Helmond no filme de televisión Christmas Snow, o cal gañou un Premio Emmy.
Clarissa Explains It All[editar | editar a fonte]
En 1989 presentouse á audición para unha produción de Broadway, The Crucible, que protagonizaba o actor Martin Sheen, pero só quedou como suplente dos tres novos protagonistas. Logo protagonizou a serie de televisión Clarissa Explains It All. Esta serie de Nickelodeon era unha comedia sobre situacións diarias polas que atravesaba unha moza. Chegou a ser un grande éxito e estivo no aire por catro tempadas. O programa permitiulle obter catro nomeamentos consecutivos dos Premios de Artistas Novos, dos cales gañou tres, converténdose en famosa entre as adolescentes estadounidenses.
Sabrina, the Teenage Witch[editar | editar a fonte]
Despois da cancelación da serie, empezou a súa educación na Universidade de Nova York, aínda que non completou os seus estudos, porque retomou a súa carreira como actriz en 1996 cando obtivo o papel principal para a serie de televisión Sabrina, the Teenage Witch, onde actuou xunto cos actores Caroline Rhea, Beth Broderick, Nate Richert e Nick Bakay. Esta serie durou sete tempadas na cadea estadounidense ABC. Mentres tanto, traballou tamén na serie Touched by an Angel.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melissa Joan Hart ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Melissa Joan Hart na IMDb (en inglés).
- Nados en 1976
- Modelos femininas dos Estados Unidos de América
- Personalidades da empresa dos Estados Unidos de América
- Actores infantís dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de cine dos Estados Unidos de América