Ada Lovelace, a primeira programadora da historia.
As mulleres na informática xogaron un papel determinante no seu nacemento e nos seus primeiros pasos. O que nos seus inicios se chamou "computador", tamén coñecido como computadora ou ordenador, debe o seu nome ás chamadas "computers", grupos de mulleres que tanto en Inglaterra como nos Estados Unidos traballaban en cálculos matemáticos relacionados coa determinación de traxectorias balísticas durante as guerras.
Non só a primeira programadora da historia foi unha muller, Ada Byron Lovelace (1815-1852), senón que ata os anos 80, coa entrada nos fogares dos primeiros ordeadores persoais, o traballo de programación era considerado un traballo feminino. A partir dese momento as mulleres foron desaparecendo tanto dos estudos como dos traballos relacionados coa informática.
A preocupación mundial sobre o papel actual e futuro das mulleres en tarefas de computación adquiriu máis importancia coa aparición da era da información. Estas preocupacións motivaron a organización de debates públicos sobre a igualdade de xénero ao verse que as aplicacións informáticas exercen unha crecente influencia na sociedade.
Case que 100 anos antes da construción do primeiro ordenador xa Ada Lovelace, en 1842, deixou escrito o que é considerado o primeiro programa informático[1]. Pasada a segunda guerra mundial, os avances en computación xurdidos no ámbito militar estendéronse ao mundo económico e científico[2], e nese tempo a programación era feita maioritariamente por mulleres. Durante décadas o número de mulleres informáticas creceu máis rapidamente que o de homes, ata que en 1984 algo cambiou, a porcentaxe de mulleres en informática empezou a descender significativamente, mentres que noutros campos técnicos e profesionais seguiu crecendo. Este cambio atribúese en gran parte á introdución do ordenador doméstico, concibido máis como un pasatempo ou xoguete, que saíu ó mercado dirixido case que exclusivamente aos rapaces, o que deu pé á narrativa e historia da revolución tecnolóxica.[3]
Code: debugging the gender gap[4] conta a historia das mulleres que estiveron nos inicios da programación e a computación: Ada Lovelace ou Grace Hopper, por exemplo. O documental recalca que, naquela primeira época, considerábase que as mulleres estaban mellor dotadas para o tipo de pensamento necesario para desenvolver programas informáticos, e que nos anos 80 existía practicamente paridade entre homes e mulleres en postos informáticos. Pero, que pasou despois? Que ocurriu nos anos 90 para que posteriormente a programación, a enxeñería informática e as grandes empresas de tecnoloxía sexan case que totalmente masculinas? Moitas cousas: a perspectiva de xénero cambiou, a mercadotecnia deu un xiro e, dalgunha parte, xurdiu a imaxe de “tipo informático”, sempre un home. É necesario mostrar modelos femininos para as futuras xeracións, facer visibles ás mulleres que existen nas compañías informáticas, ás enxeñeiras que traballan creando e desenvolvendo moito do software que se usa ou usará no futuro e darlles unha proxección que acabe coa imaxe de “o informático friki” (sempre un home) creando así un acceso menos traumático á profesión para as novas xeracións.[5] Pero tamén a evolución da propia titulación, pasando de diplomatura a licenciatura, e o posterior cambio de nome de licenciatura a enxeñería informática parece que puido influír na preocupante fenda de xénero que na actualidade mostra a titulación [6]
Nos Estados Unidos, o número de mulleres presentes en estudos de pregrao en informática, en cadros da tecnoloxía da información alcanzou o seu punto máximo a mediados da década de 1980.[7]
Sobre todo en informática, houbo unha caída dramática no número de mulleres que se matriculan nesta titulación. As cifras recentes da asociación de investigación de informática Taulbee da enquisa indican que o número caeu recentemente a por baixo do 12%, vindo de case un 40% a mediados dos 80.[8] Unha situación similar obsérvase no Canadá, onde a diminución de mulleres na informática é evidente.
No caso de España (Universidade de Granada) as cifras son moi similares, disminuíndo a porcentaxe dun 30% en 1985 ata un 12% en 2017.[3]
A investigación demostrou que moitos conceptos erróneos sobre a computación persisten e poden desalentar ás mulleres.[9] Un dos maiores malentendidos coa informática é o "factor geek" ou do "maquinitas, chalado e asocial". Crese que un estudante de universidade ten que pasarse todo o día traballando diante dun teclado do computador. O "factor geek" afecta tanto a mozas como a mozos de secundaria, pero parece producir un efecto máis negativo sobre as estudantes.[10]
O catedrático De Palma, da Universidade de Gonzaga, cre que máis mozas poden ser atraídas cara ao estudo de informática resaltando a súa similitude coas matemáticas. Suxire cinco formas para mellorar o atractivo da informática para as mozas:[11]
Ensine a programar a calquera moza con aptitudes para a manipulación de símbolos.
Ao ensinar ás mozas a programar, manter as cousas o máis próximo posible á lóxica máis pura. Reducir ao mínimo a dependencia sobre escuros paquetes de software, interfaces gráficas de luxo, e IDEs de grande alcance.
Ensinar informática sen manexar computadores directamente. O tocar teclas adoita atraer máis aos mozos que ás mozas.
Faga que a duración das tarefas de programación sexa o máis breve posible, polo menos nas primeiras etapas. Un aspecto da disciplina das matemáticas é que os problemas de asignación son o bastante difíciles como para facer que unha persoa pense por un momento, pero non o suficiente difíciles para chegar a frustrala e para facela perder o interese no problema.
Usar unha linguaxe de programación como sistema de notación e evitar a adopción de novas linguaxes.
Dado que o número de universitarias que expresan o seu interese en seguir unha carreira en informática empeorou só nunha década até os niveis anteriores a 1980, é posible que os consellos para formación mencionados arriba foron ineficaces, ou que non se aplican en moitos lugares.[12] Por exemplo, a suxestión de "ensinar infromática sen computadores" é absurda e anticuada, sobre todo porque os computadores están ben arraigados en practicamente todos os aspectos da vida moderna. As exposicións proactivas e positivas previas ás primeiras experiencias con computadores, como o proxecto Alice, fundado polo falecido Randy Pausch en Carnegie Mellon University demostraron ser moito máis eficaces en termos de retención e creación de entusiasmo nas nenas que máis tarde poderían considerar entrar no campo.[13]Carol Frieze gañou o Premio A. Nico Habermann da Asociación de Investigación en Informática e o Premio ao Desenvolvemento da Capacidade de Acceso á Informática por axudar a que o número de mulleres que se especializan en informática en Carnegie Mellon achéguese ao 50%.[14]
Varias universidades de América do Norte están a cambiar os seus programas de informática para facelos máis atractivos para as mulleres. Empresas como IBM tamén alentan ás mozas a interesarse na enxeñería, a tecnoloxía e a ciencia. IBM organiza campamentos para mulleres novas de idades entre 11 e 13 anos [15](E.X.I.T.E.).
Ademais, estánse a realizar esforzos para facer máis visibles a científicas informáticas a través de eventos como a serie de conferencias Grace Hopper Celebration of Women[16] que permite reunirse, colaborar e presentar os seus traballos ás mulleres do ámbito .
No Reino Unido, a British Computer Society (BCS) e outras organizacións teñen grupos que promoven a causa das mulleres na informática, tales como BCSWomen,[17] fundada por Sue Negro, BCS e o Foro da Muller.
A preocupación polas diferenzas de xénero no uso de ordenadores e Internet é crecente. A análise de diferentes aspectos no uso de Internet na sociedade mostra que non hai diferenzas no tramo de idade de 16 a 24 anos, pero vai aumentando coa idade, chegando a ser dez puntos inferior nas mulleres no tramo de idade de 65 a 74 anos[18].
O libro de 2000 titulado Athena Unbound[19], a partir de entrevistas e enquisas a mulleres científicas, fai un estudo que parte dunha análise dos intereses manifestados por elas dende a primeira infancia até a universidade, a escola de posgrao e, finalmente, no posto de traballo académico.[20] A tese deste libro é que as mulleres se enfrontan a unha infinidade de barreiras relacionadas co xénero para entrar e triunfar nas carreiras científicas, e que estas barreiras persisten a pesar dos avances".
O libro de Mary Kirk, de 2008, titulado Gender and Information Technology: Moving Beyond Access to Co-Create Global Partnership utiliza a teoría de Riane Eisler sobre a transformación cultural para ofrecer unha perspectiva de sistemas sociais interdisciplinarios en temas de acceso á tecnoloxía.[21] (Eisler é máis coñecida polo seu best-seller internacional The Chalice and the Blade Our History, Our Future[22]). Gender and Information Technology explora como pasar de sistemas dominadores a sistemas de colaboración -como se reflicte en catro institucións sociais primarias: comunicación, medios de comunicación, educación e negocios- que poidan axudarnos a ir máis alá da noción simplista de acceso a co-crear unha verdadeira revolución dixital en todo o mundo[21].
En Género, ciencia y tecnologías de la información,Cecilia Castaño sinala que a fenda de xénero en informática tamén está relacionada coa escasa proporción de mulleres que traballan como profesionais da informática. Apunta Castaño que “o máis grave é que estas diferenzas de xénero nas profesións informáticas non parece que tendan a reducirse no futuro, xa que son máis agudas entre os máis novos (menos de 40 anos)"[23].
En España, a análise do uso de Internet entre homes e mulleres situaba en 2012 a diferenza en 5,3 puntos; a súa redución foi sendo progresiva ata os 3,2 puntos no ano 2015, e no 2016 volveu a aumentar ata os 3,9 puntos[24]. Segundo a enquisa do Instituto Nacional de Estadística “Enquisa sobre Equipamento e Uso de Tecnoloxías de Información e Comunicación nos Fogares”[25], en 2017 recuperouse a tendencia á baixa da fenda de xénero con 1.8 puntos de fenda.
En compras por Internet, a fenda entre hombres e mulleres era importante en 2012, con 6 puntos de diferenza, que se reduciron ata o 3,3 en 2013. Mais comezou a medrar dende entón, situándose en 2016 nun máximo histórico de 6,1 puntos de diferenza.[26]
Os países occidentais presentan un consenso con respecto a mulleres na informática e exhiben números moi similares.
Unha enquisa, realizada por SWIFT ("Supporting Women in Information Technology") con sede en Vancouver, Canadá, produce resultados interesantes tamén. A enquisa recolleu 7.411 participantes aos que se lles fixeron preguntas sobre as súas opcións de carreira. As mulleres tenden a crer que non teñen o conxunto de habilidades necesarias para ter éxito no campo da Informática. Isto proporciona unha base sólida para unha correlación positiva entre a percepción de competencia e elección de carreira.[27]
Un proxecto con sede en Edimburgo, Escocia, "Estratexias de inclusión: Xénero e Sociedade da Información" (SIGIS) publicou as súas conclusións sobre a base da investigación realizada en 48 estudos de casos separados en toda Europa.[28] As conclusións céntranse na contratación, así como nas técnicas de retención para mulleres xa estudando neste campo. Estas técnicas van desde a introdución de modelos de rol, campañas de publicidade e cotas de asignación que farán que a informática pareza un campo máis neutral en xénero.[29] Tamén se suxiren reformas na educación que aumentarían a calidade do profesorado e os servizos tecnolóxicos. Unha breve panorámica das razóns para pechar a fenda de xénero na industria da informática inclúe:
Argumento de xustiza - as mulleres carecen de oportunidades para influír na sociedade a través dun medio en crecemento tecnolóxico continuo
Argumento de Igualdade de Oportunidades - perdendo dereitos e beneficios que ofrecen as Tics
Argumento dos recursos - as perdas sociais que se acumulan debido aos talentos e as experiencias de mulleres desperdiciados
Argumento do mercado de traballo - explora a posibilidade do papel da muller como provedora de man de obra cualificada.
A situación nos países de Asia é moi diferente. A investigación suxire que Malaisia conta con porcentaxes máis equilibradas, case metade-metade.[30] Suxírese que isto pode ser debido ao feito de que as mulleres de Malaisia ven as carreiras da TI como unha forma de traballo en lugar dun símbolo de status. Un traballo na industria da computación tamén implica unha contorna de traballo seguro. A forte crenza na xeración anterior de que asTI serían un sector florecente con moitas oportunidades de traballo motivou aos pais para atraer aos seus fillos a participar nunha carreira de Informática, non importando o xénero.
Na India, o caso é o contrario ao dos países occidentais. Hai unha gran demanda de informática, pero non suficientes universidades prestixiosas que ofrezan unha educación de calidade (isto está a cambiar, con todo). Dado que a industria das TI foi fonte de emprego a grande escala, hai unha taxa máis alta de mulleres que escollen formación e carreiras de enxeñería, especialmente enxeñería informática. A enxeñería informática proporciona uns traballos limpos, no sentido de que non se inclúe entre as carreiras ligadas a fábricas. A maioría dos empregos que proporcionan as TI están ligados á programación, que tamén se pode facer facilmente en casa. Os graduados en Informática de prestixiosas universidades tamén son altamente respectados. Os pais tamén interveñen significativamente nas decisións, xa que maioritariamente promoven unha carreira en enxeñería informática. Mesmo entón, a competencia é moi dura, e as poucas mulleres que entran nas mellores universidades son moi respectadas. Tamén é certo que xa se están a ver campañas de captación de estudantes por parte de reputadas universidades que poñen o seu foco na aplicación da informática á medicina e ás ciencias socias, cunha clara intención de captar alumnado feminino[31].
No informe Evolución da matrícula feminina no grao de Informática en universidades públicas españolas, recóllese, con datos do Ministerio de Educación, como foi variando a presenza das mulleres nas carreiras informáticas do sistema universitario público durante as últimas tres décadas. "O autor realizou unha análise das mozas asistentes aos campus infantís (Merelo-Molina and Merelo-Guervós 2016), concluíndo que existe un punto de inflexión arrededor dos 10 anos nos que as rapazas deixan de ter interese poa Informática como unha carreira profesional. Isto apunta a que as políticas de aumento da diversidad deben de facerse con vistas ao medio, incluso ao longo prazo. En parte, estes resultados están corroborados por un estudo realizado no Reino Unido (Standards in Education (England)(Ofsted) 2011) que afirma que as mozas teñen unha idea das carreiras dominada polos estereotipos de xénero; e estes estereotipos prexudican a carreiras tales como a Informática."[32]
Como comenta Sara Gómez, asesora da Real Academia de Enxeñería e directora do proxecto Mulleres e Enxeñería, en España lévanse tres décadas baleirando as aulas de Informática de mulleres, converténdolas en cotos exclusivamente masculinos. Tamén apunta a outro elemento clave: a ausencia actual de referentes femininos nestes campos, froito de todo o anterior. Noutros tempos, antes dese punto de inflexión nos oitenta, podíamos atopar un número moito maior de mulleres programadoras con papeis moi destacados, en moitos casos moi por riba do dos seus coetáneos homes.[32]
1843: Ada Lovelace (1815-1852), recoñecida como a primeira en describir unha linguaxe de programación de carácter xeral. Con 27 anos, Ada Lovelace escribiu o seu contribución máis relevante para as ciencias da computación cando publicó a súa tradución dun artigo académico sobre a máquina analítica de Babbage -escrito por un profesor italiano, L.F. Menabrea (1809-1896)-. Nel engadiu unha sección, de case que tres veces a extensión do traballo orixinal, titulada “Notas”. Nesta parte, Lovelace describiu como ía funcionar a computadora, imaxinou o seu potencial. Describe os principios abstractos da computación, como programar a computadora e grandes ideas, como que podería compoñer música, quizais pensar[33]. Para dar un exemplo do que podería ser capaz de facer a máquina, escribiu o primeiro programa: un algoritmo para computar os números de Bernoulli[34]. A súa condición de muller prexudicou o seu traballo. A comunidade científica da época non a tomou en serio[35], cualificando o seu traballo de pouco relevante, a pesar de que o asinou coas súas iniciais A. A. L., non co seu nome completo; pero todos sabían que a única persoa con coñecementos para escribir ese traballo era ela.[36]
1921: Edith Clarke (1883-1959) presentou e obtivo unha patente dunha calculadora gráfica para usala na solución de problemas de liñas de transmisión. Foi o tema do seu primeiro relatorio técnico na revista GE Review en 1923.[37]
Hedy Lamarr, 19441942: Hedy Lamarr (1914-20009), diva de Hollywood e co-inventora dunha forma temperá do espectro de propagación en radiodifusión. A primeira patente pública dispoñible dun sistema baseado no espectro ensanchado, data do 11 de agosto de 1942, en plena segunda guerra mundial por unha actriz hollywoodiense da época, e enxeñeiro de telecomunicacións, Hedy Lamarr e o pianista George Antheil. O sistema partía dunhna idea tan simple como eficaz. Tratábase de transmitir as mensaxes uu ordes de mando fraccionándoos en pequenas partes, cada unha das cales transmitiríase secuencialmente cambiando de frecuencia cada vez, seguindo un patrón pseudoaleatorio. Deste modo, os tempos de transmisión en cada frecuencia eran tan curtos e ademais estaban espazados de forma tan irregular, que era practicamente imposible recompoñer a mensaxe se non se coñecía o código de cambio de canais.[38]
Máquina Colossus1943: As máquinas Colossus foron os primeiros dispositivos calculadores electrónicos usados polos británicos para ler as comunicacións cifradasalemás durante a segunda guerra mundial. Foron manexadas maioritariamente por mulleres que traballaban no Women’s Royal Naval Service.[39]
1944: Joan Clarke (1917-1996) co seu equipo conseguen, traballando para o Hut 8 -grupo liderado por Alan Turing que utilizaba unha nova técnica de descifrado, o Banburismus, como base de decodificación- o seu obxectivo: romper os códigos Enigma. O labor de Joan Clarke en Bletchley Park foi recoñecida en 1947, cando a nomearon Membro da Orde do Imperio Británico (MBE).[40]
Algunhas das programadoras do ENIAC1946: Remata a construción do ENIAC (Electronic Numerical Integrator And Computer) -primeiro computador de carácter xeral creado polo exército dos EE.UU-. Aínda que os enxeñeiros a cargo do proxecto foron os que se levaron os honores, pasando á historia como os asombrosos creadores do ENIAC, houbo seis mulleres que foron as encargadas de programar todo aquel enxendro. Era unha máquina sen manual de instrucións que puido funcionar grazas a seis matemáticas especializadas en programación.[41] Elas foron: Jean Jennings Bartik (1924-1986) -na Northwest Missouri State University, hai un museo na súa honra-, Betty Snyder Holberton (1917-2001) -en 1997 foi distinguida co Premio Ada Lovelace-, Frances Bilas Spence (1922 -2012) -graduada en Matemáticas con orientación en física no ano 1942, pasa ese mesmo ano a traballar, como as súas compañeiras, no cálculo de traxectorias balísticas-, Kathleen McNulty Mauchly Antonelli (1921-2006) -en 2017 a U. Dublín nomeou McNulty ao seu edificio de computación, na súa honra-, Marlyn Wescoff Meltzer (1922-2008) -en 1942 foi contratada polo exército para traballar en cálculos climáticos, pasando en 1943 a realizar cálculos e traxectorias balísticas, e incorporándose posteriormente como programadora ao proxecto do ENIAC- e Ruth Lichterman Teitelbaum (1924-1986) -graduada en matemáticas, foi contratada polo exército para computar traxectorias balísticas, para de aí pasar a formar parte das programadoras orixinais do primeiro computador ENIAC. En 1997 todas elas foron incluídas no Women in Technology International Hall of Fame (Salón Internacional da Fama de Mulleres en Tecnoloxía).[42]
1949: Ángela Ruiz Robles (1895-1975), obtivo a patente da súa Enciclopedia mecánica nº 190.698 a favor dun procedemento mecánico, eléctrico e a presión de aire para lectura de libros. Precursora do e-book.[43]
Grace Hopper fronte a unha estación de control da UNIVAC I, fotografía da década de 1960.
1952: Grace Hopper (1906-1992), desenvolveu o primeiro compilador da historia, o A-0, e en 1957 realizou o primeiro compilador para procesamiento de datos que usaba ordes en inglés, o B-0 (FLOW-MATIC), utilizado principalmente para o cálculo de nóminas. Grace Hopper foi galardoada ao longo de toda a súa carreira poolo seu traballo no campo da informática. En 1969, a Asociación de Xestión de Procesamento de Datos outorgoulle o Premio “ao Home do Ano” en Informática. Foi a primeira persoa dos Estados Unidos e a primeira muller en ser distinguida, en 1973, como membro da British Computer Society . En 1991, foi distinguida coa Medalla Nacional de Tecnoloxía.[44]
Klara Dan von Neumann foi unha das principais programadoras do MANIAC, unha versión máis avanzada do ENIAC. O seu traballo axudou ao campo da meteoroloxía e a predición do tempo.[45]
1957 Evelyn Berezin (1925 - 2018) deseñou unha computadora de oficina que gardaba libros e contas, e outra que automatizaba un sistema bancario nacional.[46]
1959: Mary Allen Wilkes (1937- ), mentres traballaba no MIT, tivo a oportunidade de traballar con computadoras como a IBM 709 e a TX-2 (1959 a 1963).[47] Nese tempo estivo a deseñar diversos sistemas operativos para LINC, en inglés Laboratory Instrument Computer, co nome de LAP (sistema operativo), en inglés LINC Assembly Program (primeira minicomputadora).
1959: Ann Zeilinger Caracristi (1921-2016), foi ascendida na Axgencia Nacional de Seguridade (NSA) dos Estados Unidos polos seus traballos para axudar a implantar os primeiros ordenadores para o criptoanálise. Traballou para a NSA dende a Segunda Guerra mundial e durante unha gran parte da Guerra Fría. Foi a primeira muller en ser nomeada Directora Adxunta da NSA en 1980.[48]
1962: Evelyn Berezin (1925 - 2018) deseñou un dos sistemas máis grandes construídos nese momento: un sistema de reservas de pasaxeiros para United Airlines. O deseño do sistema central (tres procesadores independentes e vinculados) serviu a 60 cidades dos Estados Unidos, cun tempo de resposta dun segundo, funcionoando sen fallos do sistema central durante os 11 anos que estivo operativo.[49]
1962: Stephanie “Steve” Shirley (1933 - ) fundou unha empresa de software. A suxestión do seu marido, tornou o nome de Stephanie a Steve para poder ter acceso a potenciais clientes. A súa empresa realizou a programación do rexistrador de vó da caixa negra do Concorde.[50]
1962: Jean E. Sammet (1928-2017), matemática e científica en computación; desenvolveu a linguaxe de programación FORMAC[51]. Foi a primeira persoa que escribiu en extensión sobre a historia e clasificación das linguaxes de programación (1969).
1963: Ana María Prieto converteuse na primeira programadora galega (e probabelmente de toda España).[52]
1965: Mary Allen Wilkes (1937- ), foi a primeira en crear e traballar cunha computadora privada dende a súa casa. Desenvolveu o sistema operativo LAP6, converténdose na primeira persoa que utilizou un ordenador persoal na casa.[53]
1965: Jean E. Sammet (1928-2017), organizou e foi presidenta do Comité de Interese Especial de ACM sobre Manipulación Simbólica e Alxebraica (Special Interest Group on Programming Languages), SICSAM, no período 1965-1968.[54]
Margaret Hamilton xunto ao código do seu software de navegación desenvolvido para o Programa Espacial Apolo.
1965: a irmá Mary Kenneth Keller converteuse na primeira muller estadounidense en obter un doutoramento en informática. Keller axudou a desenvolver BASIC mentres traballaba como estudante de posgrao en Dartmouth, onde a universidade "rompeu a regra de 'só para homes'" para que ela puidese utilizar o seu centro de informática.[55]
1968: Barbara H. Liskov (1939- ), converteuse nunha das primeiras mulleres dos Estados Unidos en conseguir un Doutor Philosophiae en Ciencias da computación pola Universidade de Stanford.[56] O seu traballo centrouse no deseño e implementación da linguaxe de programación CLU. En 2008 foi Premio Turing polasúa contribución aos fundamentos teóricos e prácticos no deseño de linguaxes de programación e sistemas, especialmente relacionados coa abstracción de datos, tolerancia a fallos e computación distribuída.[57]
1968 Evelyn Berezin (1925 - 2018) idea un procesador de texto para simplificar o traballo de oficina e, en 1969, funda a primeira empresa para desenvolver procesadores de texto, Redactron Corporation.[46]
1978: Carol Shaw (1955- ), a empresa Atari recrutouna para traballar como deseñadora de videoxogos, oficialmente desempeñando o labor de Enxeñeira microprocesadora de software, converténdose dese modo na primeira muller deseñadora de videoxogospolos seus traballos Polo, que finalmente non chegou a publicarse, quedándose en mero prototipo.[60]
1982: Carol Shaw (1955- ), únese a Activision, onde programou o seu mellor xogo, o coñecido River Raid .[61] O cal foi cualificado nalgúns países de Europa (como Alemaña), como xogo violento e prohibido a menores, converténdose no primeiro xogo de vídeo consola que foi prohibido por violencia.[60]
1983: Susan Kare (1954- ), creou a partir desa data as iconas e moitos dos elementos da interface dalgunhas das empresas máis importantes do mundo como Microsoft, PayPal, IBM, Facebook e Pinterest. A carreira de Kare comezou en Apple, como diseñadora de gráficos de pantalla e tipografías dixitais para o sistema operativo de Macintosh. O icona de Mac sonrinte do inicio de sesión e o símbolo da tecla Command, son algúns dos seus deseños máis coñecidos do seu período dentro da compañía. Foi cualificada polo MoMA de Nova York como unha das pioneiras e a máis influente deseñadora de iconas informáticos.[62]
1984: Roberta Williams (1953- ), o seu traballo foi pioneiro nos xogos de aventuras gráficas, para computadoras persoais, dende 1980, en especial a saga King's Quest.[63]Radia Perlman1987: Anita Borg (1949-2003), organizou Systers, a primeira rede de correo electrónico de mulleres en tecnología. Foi ademais a fundadora, en 1997, do Institute for Women and Technology –hoxe coñecido como Anita Borg Institute for Women and Technology– e do Grace Hopper Celebration of Women in Computing, a reunión de mulleres tecnólogas máis grande do mundo.[64] Os dous obxectivos primordiais da fundación desta organización eran, por unha banda, aumentar a representación das mulleres nos campos técnicos e, pola outra, permitir a creación de máis tecnoloxía polas mulleres.[65]
1988:Radia Perlman (1951 - ) obtivo o seu doutoramento en ciencias da computación polo MIT, cunha tese de doutoramento na que abordou o problema do enrutamento cando se producen fallos de red maliciosos, que foi a base para a maior parte do traballo neste campo. [66]
1989:Frances Elizabeth Allen (1932 - ) nomeada IBM Fellow, foi a primeira muller en logralo, polos seus traballos pioneiros no campo da automatización de tarefas paralelas e optimización de compiladores.[67]
1992:Radia Perlman (1951 - ) é nomeada unha das 20 persoas máis influentes na industria, no vixésimo aniversario de Data Communications Magazine. Nomeamento que se repetirá en 1997, con ocasión do 25º aniversario da Data Communications Magazine[66]
1993: Shafi Goldwasser (1958- ), gañadora do Premio Gödel polo artigo "The knowledge complexity of interactive proof systems" sobre as probas interactivas que deron orixe ás probas interactivas de coñecemento cero, proxecto de investigación na área da criptografía.[68] Posteriormente recibio outros recoñecementos, como o Premio ACM Grace Murray Hopper en 1996, outro Premio Gödel en 2001 polo seu traballo en probas interactivas e conexións á aproximación, Premio ACM Athena para mulleres en ciencias da computación en 2008, Medalla Benjamin Franklin en Computación e Ciencias Cognitivas en 2010, o Premio IEEE Emanuel R. Piore en 2011, Premio ACM Turing en 2012, a Medalla Barnard College of Distinction e o Suffrage Science Award, ambos en 2016.[69]
1993: Barbara Liskov (1939- ) xunto con Jeannette Wing (1956- ) desenvolve o Principio de substitución de Liskov, principio de programación orientado a obxectos. Entre outros recoñecemientos, Barbara Liskov gañou o Premio Turing en 2008 polasúa contribución aos fundamentos teóricos e prácticos no deseño de linguaxes de programación e sistemas, especialmente relacionados coa abstracción de datos, tolerancia a fallos e computación distribuída.[70]
1994: Jude Milhon (1939-2003) publicou un libro titulado: "Hacking the Wetware: The Nerd Girls Pillow-book" (Hackeo á rede húmida: O libro de cabeceira da moza na rede) dirixido a aquelas mulleres que querían iniciarse no hacking, tratando de desmitificar o funcionamento da Rede. Tamén acuñou o termo cypherpunk.[71]
1994: Sally Floyd (1950-2019), publica o seu traballo máis coñecido "Pasarelas de detección temprana aleatorias para evitar a conxestión" enTransacciones IEEE / ACM en redes, no campo do control de conxestión en redes.[72]
1996: Xiaoyuan Tu (1967- ), primeira muller beneficiaria do Premio de Tese de Doutoramento da ACM pola súa disertación "Animais artificiais para a animación por computadora: biomecánica, locomoción, percepción e comportamento".[73] Os principais intereses de investigación da Dra. Tu están na modelaxe, control e simulación de personaxes virtuais intelixentes e reais. A súa investigación abarca as áreas de deseño de arquitectura de axentes autónomos, modelaxe baseado en física e biomecánica, animación de gráficos por computadora, vida artificial, teoría de control e aprendizaxe automático.[74]
2001: Shafi Goldwasser, gañadora do Premio Gödel polo artigo "Interactive Proofs and the Hardness of Approximating Cliques".[69]Jeri Ellsworth2004: Barbara H. Liskov, gañou a Medalla John von Neumann por "a súa fundamental contribución ás linguaxes de programación, metodoloxías de programación e sistemas distribuídos".[70]
2004: Jeri Ellsworth (1974- ), creou un sistema completo Commodore 64 nun chip situado dentro do joystick, denominado C64 Direct-to-TV.[75]Mary Lou Jepsen 20182004: Radia Perlman (1951 - ) recibe o nomeamento de Inventor do Ano da Asociación de Propiedade Intelectual de Silicon Valley, e en 2005 o Instituto Anita Borg concedeulle o premio de 'Mulleres con Visión para a Innovación'.[66]
2005: Mary Lou Jepsen, fundadora e directora en tecnoloxía do proxecto One Laptop per Child (OLPC), One Laptop per Child (OLPC).[76]
2006: Frances E. Allen, primeira muller en recibir o Premio Turing da Association for Computing Machinery (ACM) “polas súas contribucións que melloraron fundamentalmente o rendemento dos programas de computador e aceleraron o uso de sistemas de computación de alto rendemento”.[67]
2008: Shafi Goldwasser, recibiu o Premio Athena Lecturer polo comité da Association for Computing Machinery, outorgado a mulleres destacadas nas ciencias da computación (2008-2009).[77]Susan Graham2008: Barbara H. Liskov, gañou o premio Turing por "a súa contribución aos fundamentos teóricos e prácticos no deseño de linguaxes de programación e sistemas, especialmente relacionados coa abstracción de datos, tolerancia a fallos e computación distribuída".[70]
2009: Susan L. Graham (1942- ), gañou a Medalla John von Neumann[78] polas súas "contribucións ao deseño e implementación da linguaxe de programación e por un servizo exemplar á disciplina da informática"
2010: Arantza Illarramendi, primeira muller en recibir o 'Premio Aritmel ao Informático do ano' outorgado pola Sociedade Científica Informática de España (SCIE) polo seu traballo en bases de datos.[79]
2011: Ángela Ruiz Robles, a Universidade de Informática de Selecta faille unha homenaxe como a precursora do e-book.
PARM de APC - Asociación para o Progreso das Comunicacións, Programa de Apoio a Redes de Mulleres, APC WNSP - Association for Progressive Communications, Women's Networking Support Programme
BCSWomen, Grupo de Especialistas da Sociedade de Computación Británica, que é asociación só para mulleres.
↑ 21,021,1Kirk, Mary. (2008). Gender and Information Technology: Moving Beyond Access to Co-Create Global Partnership. Hershey, PA: IGI Global. ISBN 978-1-59904-786-7
↑J. Fuegi and J. Francis, "Lovelace & Babbage and the creation of the 1843 'notes'." Annals of the History of Computing 25 #4 (Oct-Dec 2003): 18-26. Digital Object Identifier
↑Huberman, Barbara H. LiskovNombreBarbara LiskovNacimiento7 de noviembre de 1939Barbara Jane; California; Turing, Estados UnidosPremiosPremio. "Barbara Liskov - EcuRed". www.ecured.cu(en castelán). Consultado o 2020-03-16.