Saltar ao contido

Nastasia Zürcher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNastasia Zürcher
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega, lingua castelá, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webnastasiazurcher.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: nastasiazurcherofficial Twitter: nastasiazurcher Instagram: nastasia_zurcher Souncloud: nastasia-z-rcher Spotify: 3c0plGNNAmCFExowvZRKIo Editar o valor em Wikidata


Nastasia Zürcher Losada, nada en Xenebra o 26 de xuño de 1988, é unha artista, vocalista e compositora galego-suíza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu e medrou até os 12 anos en Xenebra, onde comezou o seu interese pola música. Filla dun músico e compositor,[1] aos seis anos comezou a tocar ao violín e máis tarde a batería, antes de comezar a recibir clases de canto.[2]

No ano 2000 afincouse en Galicia, terra dos seus avós. Viviu tamén en Madrid dous anos (2012-2014) nos que se graduou en Canto, Interpretación e Técnicas de Escenario na Escuela Internacional de Artistas. Estudou canto moderno con diferentes docentes e técnicas ao longo da súa formación, como o Diploma Profesional de Canto en Jazz e Música Moderna de Estudio, Escola de Música (Santiago de Compostela, centro no que imparte clases de canto e técnica vocal dende o ano 2011) e, entre outras, a formación Voice Craft (Estill Voice Training). Publicou tres discos de autoría propia (música e letras), nos que canta en galego, inglés, castelán e francés. A súa obra bebe do neo soul, o pop folk de autora e as sonoridades das músicas do mundo, sendo unha das vocalistas máis versátiles do panorama musical actual.

Formou parte do afamado coro compostelá Coro da Ra durante varios anos sendo unhas das súas solistas máis novas. Foi a vocalista do grupo de músicas do mundo Rastrexos Project, chegando a tocar no Festival de Ortigueira e en Suíza así como en varios ciclos e festivais de percusión e mestizaxe de Galicia.

En 2015 publicou o seu álbum debut My Flight. En 2016 obtivo con el o Premio Martín Codax da Música na categoría Blues/Funk/Soul. No 2017 publicou o seu segundo álbum de estudio, Beat, composto unha vez máis por temas propios e baixo a produción do compositor e arranxador galego Adrián Saavedra. No 2018 foi novamente finalista nos Premios Martín Codax na categoría de Músicas do Mundo facendo honor a variedade de estilos que conflúen nas súas obras.

En 2018 representou Galicia no festival Liet Internacional nos Países Baixos co seu tema "Espertos", co que gañou o premio dos músicos e quedou no segundo posto da clasificación xeral.[3] Participou en diferentes festivais cos seus diferentes formatos para directo adaptados a cada disco, como o Beat Trío con Adrián Saavedra e Narci Rodriguez ao beatbox, ou o seu quinteto no segundo disco con recoñecidos artistas da escena jazz como LAR Legido á batería ou Javi GDJazz a trompeta.

En 2021 publicou dúas colaboracións musicais: o tema "Flamante" co rapeiro galego García MC, e a canción "Conexión" co compositor e vocalista brasileiro Gustavo Almeida.

No 2022 publicou o seu terceiro álbum But Life Is Beauty Full co que levou dous galardóns nos premios da música de Galicia ese ano, os Premios Martín Códax da Música ("Artista do Ano" e "Blues, Funk e Soul"). Actualmente de xira co seu novo formato para directos, un sexteto formado por músicos destacados da escena galega: o seu produtor Adrián Saavedra ao baixo, Carmen Rey ao teclado e coros, Bruno Couceiro á batería, Mon Orencio á guitarra e coros, e Félix Rodriguez á percusión.

Foi membro da Xunta Directiva da asociación profesional de músicos de Galicia, a Asociación Músicas Ao Vivo (MAV), como secretaria e tesoureira do 2018 ao 2022.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Álbum My Flight (2015)
  • Álbum Beat (2017)
  • Álbum But Life Is Beauty Full (2022)
  • Sinxelo "O Maio" (2020) de Curros Enríquez para o Consello da Cultura Galega. Composto xunto a Adrián Saavedra

Premios[editar | editar a fonte]

  • Certame de Canción de Autor de Teo: Mellor Artista, Mellor Canción Orixinal ("VOAR")
  • Premios Martín Códax da Música (Galician Music Awards): gañadora na categoría Blues, Funk & Soul (2016); finalista na categoría Músicas do Mundo (2018)
  • Festival Liet Internacional (Holanda, 2018): premio Musicians Award + 2º posto na clasificación xeral co seu tema en galego "Espertos".
  • Artista do Ano nos premios da música de Galicia os Premios Martín Códax (2022)
  • Mellor álbum na categoría Blues, Funk e Soul nos Premios Martín Códax da Música (2022)
  • Videoclip finalista no FESTIVAL DE CANS: Lord, I'm Alive! (dirixido por Jairo Moreno, 2022)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ramos, Paula; L., M. (16 de xullo de 2021). "Nastasia Zürcher, cantante: «El factor vocacional es imprescindible, si no te deshinchas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de xuño de 2024. 
  2. "Nastasia Zürcher: la conexión suizo-galaica" (en castelán). 7 de novembro de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2024. 
  3. "Nastasia Zürcher volta con premio para Galicia do festival Liet Internacional". Cultura Galega. 28 de maio de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]