Odoacro
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Odoacer ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 433 (Gregoriano) ![]() Panônia Prima (Imperio Romano de Occidente) ![]() |
Morte | 15 de marzo de 493 ![]() Rávena (Reino de Italia) ![]() |
Rei de Italia | |
4 de setembro de 476 – 15 de marzo de 493 ← sen valor – Teodorico o Grande → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | sen valor Reino de Italia ![]() |
Relixión | Arianismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | líder militar ![]() |
Período de tempo | Antigüidade tardía ![]() |
Participou en | |
476 | deposición de Rómulo Augústulo ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Sunigilda |
Fillos | Ocla (pt) ![]() ![]() ![]() |
Pai | Edeco (pt) ![]() ![]() |
Irmáns | Onoulfo (pt) ![]() ![]() |
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d3/Solidus-Odoacer-ZenoRIC_3657cf.jpg/220px-Solidus-Odoacer-ZenoRIC_3657cf.jpg)
Odoacro, nado preto do ano 433 e finado en 493, tamén coñecido como Odovacar, posiblemente derivado do xermánico Audawakrs ('que busca a riqueza'). Foi o xefe da tribo xermana dos hérulos, de orixe huna e escira. Na historia salienta por ser quen destituíu ó derradeiro emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo, en 476, quen foi deportado ó Castellum Lucullanum na baía de Nápoles.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de derrocar a Rómulo Augústulo, a Odoacro presentóuselle a oportunidade de nomear a un novo emperador titular e gobernar a través del, ou gobernar como axente do emperador romano de Oriente. A diferenza de moitos dos seus predecesores, como Ricimer, optou pola segunda opción, devolvéndolle as insignias imperiais de Occidente ó emperador Zenón en Constantinopla, xunto cunha carta na que pedía ser confirmado dux de Italia. Zenón accedeu a esta petición e concedeulle o rango de patricio.
Até a súa morte en 480, o emperador lexítimo de Occidente Xulio Nepote seguiu sendo teoricamente o superior de Odoacro, mentres que este chegou mesmo a emitir moeda no seu nome. Malia iso, Odoacro tamén se chamou a si mesmo rex Italiae (Rei de Italia) e como tal foi recoñecido durante o resto da súa vida.
Con todo, as relacións entre Odoacro e a Roma oriental empeoraron máis adiante, e en 489, co apoio do emperador Zenón, os ostrogodos baixo Teodorico o Grande invadiron o reino de Odoacro, destruíron o seu exército de bárbaros foederati (e as poucas tropas romanas que aínda existían), forzando a que se rendese en 493. Teodorico convidou a Odoacro a un banquete en Rávena, e crese que alí o asasinou coa súa propia espada, facéndose con todo o seu reino.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Odoacro |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Thompson, E. A. Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire. Madison: University of Wisconsin Press, 1982. ISBN 0 299 08700.