Oriana Fallaci
![]() | Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xuño de 1929 ![]() Florencia (Italia) ![]() |
Morte | 15 de setembro de 2006 ![]() Florencia (Italia) ![]() |
Causa da morte | cancro de pulmón ![]() |
Lugar de sepultura | Cimitero Evangelico agli Allori (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1946–2006) Reino de Italia (1929–1946) ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Educación | Universidade de Florencia Liceo classico statale Galileo (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalista ![]() |
Ocupación | correspondente de guerra , xornalista , escritora , política , guerrilleiro ![]() |
Período de actividade | 1958 ![]() |
Partido político | Partito d'Azione (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua italiana ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Alexandros Panagoulis (pt) ![]() ![]() |
Irmáns | Neera Fallaci (en) ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Oriana Fallaci, nada en Florencia o 29 de xuño de 1929 e finada na mesma cidade o 15 de setembro de 2006, foi unha escritora e xornalista italiana. Como periodista obtivo un gran prestixio internacional, en especial grazas ás súas entrevistas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa infancia transcorreu na Italia fascista de Mussolini. O seu pai era un activo antifascista, que sen dúbida influíu nas ideas dunha novísima Fallaci que, aínda adolescente, foi partisana durante a segunda guerra mundial, uníndose á resistencia armada contra a ocupación nazi na súa Toscana natal. Nada nunha familia sinxela, estudou Medicina na Universidade de Florencia a base de bolsas de estudo, pero nunca rematou a carreira, e pouco despois, iniciou unha extensa traxectoria como xornalista. Como correspondente de guerra seguiu tódolos conflitos do noso tempo, desde Vietnam a Oriente Medio, desde India-Paquistán a Latinoamérica, e logrou entrevistar a numerosos líderes e celebridades do século XX como Henry Kissinger, o Sha de Persia, o aiatolá Ruhollah Khomeini, Willy Brandt, Zulfikar Ali Bhutto, Walter Cronkite, Muammar al-Gaddafi, Federico Fellini, Sammy Davis Jr, Nguyễn Cao Kỳ, Yaser Arafat, Indira Gāndhi, Alexandros Panagoulis, Golda Meir, Haile Selassie, Mao Tse Tung, John e Robert F. Kennedy, e Sean Connery.
Sempre desde posicións liberais e laicas, o seu estilo literario é apaixonado, controvertido e polemista. Tocou todo tipo de xéneros, desde a opinión, ás reportaxes ou a entrevista. Os seus libros véndense por millóns e foron traducidos en máis de trinta países. Recibiu numerosos galardóns e recoñecementos, entre os que destaca o doutoramento do Columbia College de Chicago. Retirada a principios dos anos noventa a causa dunha grave enfermidade, decidiu volver a escribir tralo 11 de setembro de 2001, do que foi testemuña inmediata como cidadá de Nova York. Desde que rompeu o seu silencio con A rabia e o orgullo, dedicou as súas obras «a defender a civilización occidental, non fronte á musulmá, senón fronte ó fundamentalismo islámico». En opinión da escritora, existe un alarmante proceso de islamización de Occidente, ó que denomina Eurabia, proceso que, desde o seu punto de vista, contou coa complicidade da esquerda europea. Esas polémicas teses trouxéronlle problemas (incluídos procesos xudiciais por «difamación contra o Islam») e campañas na súa contra, aínda que conta tamén con numerosos defensores.
![](http://chped.net/https/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/36/Cimitero_Evangelico_Agli_Allori_-_grave_-_Oriana_Fallaci.jpg/150px-Cimitero_Evangelico_Agli_Allori_-_grave_-_Oriana_Fallaci.jpg)
Os derradeiros anos da súa vida viviu en Nova York, onde mantivo unha longa loita contra un cancro de mama ó que elevou a categoría literaria e ó que denominaba "O Outro" nas súas últimas obras. Ante o agravamento da enfermidade regresou a Italia, onde finou nun hospital da súa Florencia natal o 15 de setembro de 2006.
Obra[editar | editar a fonte]
- I sette peccati di Hollywood (Sete pecados capitais de Hollywood, 1956)
- Il sesso inutile, viaggio intorno alla donna (O sexo inútil, 1961)
- Penelope alla guerra (Penélope na guerra, 1962)
- Niente e così sia (1969)
- Intervista con la storia (Entrevistas coa historia, 1974)
- Lettera a un bambino mai nato (Carta a un neno que nunca naceu, 1975). Nela aborda a non maternidade.[1]
- Un uomo (Un home, 1979).
- Insciallah (1990)
- La rabbia e l'orgoglio (A rabia e o orgullo, 2001).
- La forza della ragione (A forza da razón, 2004). Apunta a tese de Eurabia e acusa a esquerda europea de ser "antioccidental". É unha secuela de A rabia e o orgullo.
- Oriana Fallaci intervista sè stessa - L'Apocalisse (Oriana Fallaci entrevístase a si mesma - A Apocalipse, 2005). Houbo unha primeira edición en 2004, que non incluía o longo epílogo «A Apocalipse», co título Oriana Fallaci intervista Oriana Fallaci.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Morán, Cláudia. "Nunca nais". Nós Diario. Consultado o 2021-09-09.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- La entrevista periodística, de Jorge Halperín. Ediciones PAIDOS (1995) ISBN 950-12-2701-4 (en castelán)